16 anos de espera para unha praza de catedrático na USC

|

Uscuniversidaddesantiago


O colectivo de acreditados a cátedra da Universidade de Santiago de Compostela advertiu de que a proposta do equipo reitoral de crear 10 prazas implicaría unha espera de ata "16 anos" para algún dos seus membros a que se convoque unha praza da súa especialidade.


Por iso, e dado que a media de idade deste colectivo ascende aos 50 anos, os acreditados critican que "a solución proposta" realmente pola USC a este colectivo "non é outra que a da xubilación".


Nun comunicado, o colectivo lembra o rexeitamento do claustro universitario á convocatoria proposta polo equipo reitoral o pasado 3 de novembro, e critican a falta de "vontade" da USC ante a necesidade "imperiosa" de recoñecer tanto o dereito de promoción do seu profesorado como para "poñer o seu lugar" á institución académica na representación dos catedráticos nos diferentes comités.


En concreto, denuncian que a USC está "a perder capacidade operativa nas institucións nacionais e internacionais" ao mesmo tempo que a súa "competitividade", ante a falta de promoción profesional da institución.


TRES VECES MÁIS PRAZAS NA UVIGO


O colectivo compara esta situación coa das súas homóloga viguesa, que convocou "tres veces máis prazas para 2016" que as anunciadas pola USC a pesar de contar con orzamentos e unha taxa de reposición "bastante máis limitada".


Así mesmo, denuncian que desde a Xunta se promova unha política científica que busca implementar un programa de captación "temporal" de científicos, esquecendo "a promoción da excelencia" dos investigadores e profesionais cos que contan estas institucións.


Finalmente, solicitan a apertura "dun diálogo serio" e que se adopten medidas a "curto e medio prazo" tanto para solucionar a "inxustiza creada" a este grupo de profesorado como polas "nefastas consecuencias" da falta dun plan de persoal científico á altura do sistema universitario galego.

relacionada ​A Universidade da Coruña propón reducir departamentos e cargos
relacionada ​A USC, entre as 500 mellores universidades no ámbito da produción científica

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE