#Claves de la semana

O presidente de Ferrol en Común desvincúlase de Podemos e chámalle "parque infantil"

O tamén voceiro dos inscritos de Podemos en Ferrol, Carlos del Río, asegurou que non abandona a coalición de Ferrol en Común e permanecerá como independente. 


|

Carlosdelrioferrolencomun


O portavoz dos inscritos de Podemos en Ferrol, Carlos del Río, anunciou que abandona a formación política liderada por Pablo Iglesias, nunha intervención na que cargou duramente contra o partido.


Así, recrimina que "Podemos Galicia é un parque infantil, por non chamarlle un frenopático de esquizofrénicos", onde "non existe debate político e si existe un debate por butacas, por ver quen se coloca", pois "así se pode ver na última acta do consello cidadán, con insultos, descualificacións e nin un só tema dos problemas dos galegos".


Del Río criticou que, "a pesar de dalo todo, de traballar", foi "un dos proscritos máis grande de Galicia e quizais de España". "Tiven que estar á marxe da estrutura dos nenos elegantes e do progreso, que están avalados pola organización", arremeteu.


A súa decisión de abandonar Podemos "é firme", pero non ten prensado "constituír, como se chegou a afirmar, un novo partido político". "O que non imos regalar é o traballo realizado, que o teña claro o Podemos oficial, e actuaremos en consecuencia cos colectivos que nos apoiaron", avisou.


A preguntas dos medios de comunicación, Carlos del Río tamén asegurou que a súa dimisión como inscrito de Podemos non supón que abandone a coalición de Ferrol en Común, a agrupación instrumental coa que se presentaron ás eleccións municipais de maio de 2015 --integrada por Esquerda Unida, Anova e os inscritos de Podemos-- e da que é presidente.


"Continuo sendo presidente de Ferrol en Común pero como independente, algo que é posible, o pertencer de maneira individual", sostén.


'PARABÉNS' A ESPINAR


Carlos del Río tamén aproveitou a súa comparecencia ante os medios de comunicación para darlle os parabéns de forma irónica a Ramón Espinar polo seu triunfo en Madrid, "e porque os fillos de papá teñen a sorte de ter un pai con 'tarxetas black' e outro que os apadriña para ser o responsable de Podemos en Madrid".


Tamén se referiu ao deputado nacional de En Marea, Antón Goméz-Reino: "Ao que lle quero dar os parabéns pola súa proposta de equiparar a Memoria Histórica coas vítimas do terrorismo".


"Eu son neto dun paseado e o meu avó aínda está hoxe en día nunha cuneta e non o atopamos", afirmou, á vez que 'encomiou' que "un neto dun procurador franquista, comandante de Infantería, defenda a Memoria Histórica". "Paréceme moi ben, pero gustaríame facerlle a pregunta de se está disposto a renunciar á herdanza que lle vén do seu avó (...) a min non me valen os xestos, váleme a coherencia".


OUTROS PARTICIPANTES


Na rolda de prensa na que Carlos del Río anunciou a súa marcha de Podemos tamén se deron cita Eladio Medel, membro da comisión de Garantías da agrupación en Galicia e que tamén anunciou a súa desvinculación desta comisión, ao estimar que "se vulnerou o proceso de primarias".


Outra das participantes nesta comparecencia foi unha inscrita que xa leva "meses desvinculada de Podemos". "Sinto vergoña de estar neste partido", asegurou.


Por último, Miguel Castro, que foi secretario xeral de Podemos en Valdoviño (A Coruña), afirmou que tamén se desvinculou do partido de Pablo Iglesias tras a eleccións galegas e que decidiu abandonar esta formación política porque: "Non podo defender as ideas dun ditador, xa que aquí faise o que este ditador quere", en alusión a Pablo Iglesias.

relacionada ​As edís díscolas quedan no goberno local de Ferrol e pasan a ser non adscritas
relacionada Espinar, el candidato pablista, gana las primarias de Podemos Madrid
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE