#Claves de la semana

Ampliar a rede de albergues, o reto principal do Camiño de Santiago

O xerente do Xacobeo expón a folla de ruta do Plan Director, que inclúe mellorar a sinalización e implantar 'Smart Camiño'.


|


PeregrinoaSantiago2015



O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, realizou un relatorio na xornada técnicas sobre 'Patrimonio material e inmaterial nos cambios de peregrinación' no marco da X edición da Bienial Internacional da Restauración e Xestión do Patrimonio AR&PA 2016, que se celebrou Valladolid.

A xornada abordou a "extraordinaria vitalidade" que as rutas de peregrinación están a manifestar neste inicio do século XXI, facendo especial fincapé no auxe do Camiño Francés a Santiago, ruta principal dos itinerarios xacobeos.

Así mesmo, durante o encontro reflexionouse sobre a recente ampliación aos Camiños do Norte da declaración como Patrimonio Mundial pola Unesco e a celebración do Ano Xubilar Lebaniego en 2017.

Durante a súa intervención, Rafael Sánchez expuxo as numerosas iniciativas que contempla esta folla de ruta, o Plan Director do Camiño, destacando a aposta pola mellora e ampliación da rede pública de albergues, o plan de sinalización e a implantación do 'Smart Camiño', entre outros.

relacionada ​Los municipios del Camiño Primitivo se deciden a darle impulso
relacionada ​A auga e o Camiño de Santiago únense nunha exposición en Ourense
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE