#Claves de la semana

​Agriden en Ourense un home que intentou fotografar unha infracción

O viandante chamoulle a atención aos ocupantes dun vehículo que entrara nunha zona peonil. Despois da agresión déronse á fuga.


|

Ruapaseoourense


Dúas persoas agrediron na tarde deste luns a un viandante que lles chamou a atención por entrar co coche nunha zona peonil da Rúa do Paseo, en Ourense.


Segundo informou a Policía Local a Europa Press, ao redor das 18,00 horas o home chamoulles a atención e cando fixo ademán de sacar o móbil para facerlles unha foto a eles e ao vehículo, estes dous individuos saíron do coche e agredírono.


O home, que un primeiro momento foi atendido por veciños da zona, foi trasladado a urxencias co tabique roto. Segundo estas mesmas fontes os agresores son dúas persoas de etnia xitana que se deron á fuga.

relacionada ​Dos jóvenes agreden y dejan tirado en la calle a un hombre en Vigo
relacionada Un detenido por negarse a un control y agredir a dos guardias civiles
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE