#Claves de la semana

​O PSdeG sinala o "escaso" peso de Lugo na Xunta de Feijóo

O viceportavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez, resaltou que "Lugo será unha vez máis un celeiro de votos onde non é necesario que o goberno faga ningún investimento". 


|

Luisalvarezpsdeg


O viceportavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luís Álvarez, resaltou o "escaso" peso de Lugo na composición do goberno da Xunta de Alberto Núñez Feijóo, cun só conselleiro da provincia, o monfortino Francisco Conde.


"Non son novos conselleiros, son os mesmos. É evidente que vai haber unha política continuista", sostén Álvarez, parlamentario por Lugo.


Nesta liña, o viceportavoz socialista pregúntase por "cales foron os grandes investimentos da Xunta en Lugo durante o últimos oito anos de Feijóo" para contestar que "ningunha, a diferenza doutras provincias".


"Lugo será unha vez máis un celeiro de votos onde non é necesario que o goberno faga ningún tipo de investimento e prevemos que vai seguir así", afirma.


Respecto da nova lexislatura, asegura "non hai nada que faga ter a máis mínima esperanza de que as cousas vaian cambiar na provincia".


Álvarez lembrou que os socialistas xa rexistraron as primeiras iniciativas respecto de investimentos en Lugo, "unha proposición non de lei para completar os servizos sanitarios do HULA (hemodinámica as 24 horas e medicamento nuclear)". "Entendemos que é o máis urxente", asevera. Tamén hai unha iniciativa para o inicio da liña do AVE entre Ourense e Lugo.

relacionada Máis de 200 desafiuzamentos en Lugo son por falta de pagamento de aluguer
relacionada ​Luís Álvarez (PSdeG) oponse a "cambiar unha xestora por outra"
relacionada O Concello de Lugo descarta unha "trama de bandas" nas pelexas de menores
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE