#Claves de la semana

​O Goberno de Feijóo aproba este xoves o teito de gasto para 2017

Con respecto aos Orzamentos, os distintos departamentos xa perfilaron as súas cifras para poder presentar as contas en decembro.


|

Conselloxuntanov


O Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo prevé aprobar este xoves, no primeiro Consello da Xunta ordinario deste mandato, o teito de gasto para 2017. A previsión é que sexa expansivo e eleve a capacidade de gasto en relación ao anterior exercicio, anticipando o primeiro mandato que, segundo avanzou no pleno de investidura o mandatario autonómico, podería ser expansivo.


Tras as eleccións autonómicas do 25-S, Feijóo manifestara a súa vontade de axilizar o calendario do teito de gasto --que quedará listo para a súa remisión á Cámara, que o tramitará de inmediato-- e tamén dos orzamentos para o próximo exercicio, á espera, en paralelo, o Estado avance tamén coas súas cifras.


De feito, os distintos departamentos autonómicos xa perfilaron as súas cifras e o obxectivo é que as contas de 2017 se presenten en decembro, co fin de que, se é posible, entren en vigor en febreiro.


Durante a campaña, o Goberno galego presentara un teito de gasto provisional para 2017 que se elevaba ata os 9.039 millóns de euros, o que incrementaría nun 2,7 por cento (235 millóns) a capacidade de gasto dos orzamentos do pasado exercicio.


Esta "estimación seria, prudente e realista", en palabras de Feijóo, prevía para o próximo ano un crecemento económico do 2,3% e reducir a taxa de paro ata o 15,6%.

relacionada Os orzamentos "expansivos", primeiro exame do novo mandato
relacionada Feijóo promete orzamentos expansivos e 100.000 empregos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE