#Claves de la semana

Antón Sánchez: "Toca repensar o papel de Anova dentro de En Marea"

Sánchez aposta por contribuír "decisivamente" a "territorializar" e "abrir canles de participación" no partido instrumental. 


|

Anovaantonsanchezenmarea

O coordinador de Anova, Antón Sánchez, considerou "fundamental" consolidar o paso dado ao converter En Marea en partido instrumental e facela así "un lugar no que todo o mundo poida participar".


Así se pronunciou o tamén viceportavoz parlamentario de En Marea este sábado tras participar na Coruña nunha asemblea local organizada con motivo da rolda, denominda 'Xeiras', que Anova leva a cabo por toda Galicia para a súa Conferencia Política no mes de decembro.


Segundo explicou Antón Sánchez, nestes encontros, Anova busca desenvolver "espazos de reflexión e debate" ao redor dun documento político que levará á Conferencia Política que prevé celebrar en decembro, previa á Asemblea Nacional que terá lugar a inicios de 2017.


REPENSAR O SEU PAPEL


E é que, conforme indicou, "despois de dous anos con catro convocatorias electorais tan seguidas", "toca repensar o papel de Anova dentro do espazo popular de En Marea" e "facer unha renovación de textos e da dirección". "Unha renovación para seguir sendo útil na construción do suxeito político do espazo de ruptura en Galicia", precisou.


Respecto diso, considerou que a asemblea constituínte celebrada o 30 de xullo supuxo "un paso adiante" ao considerar En Marea como un partido instrumental e "abrir a porta á participación individual". "É fundamental para darlle canles de participación a calquera persoa no país aínda que non teña unha adscrición partidaria", indicou.


Deste xeito, aínda que recoñeceu que "hai unha realidade" con "organizacións políticas como Anova, Podemos ou Esquerda Unida, "hai moita xente que quere participar en En Marea que non forma parte destas iniciativas". Todo iso, "cun protagonismo especial para as mareas municipais".


Por iso, incidiu na "importancia" de "consolidar o paso dado en En Marea" e convertela "nun lugar onde todo o mundo poida participar". "Ese proceso de territorializar e abrir canles de participación en En Marea é un reto importante no que Anova, como leva facendo estes anos, vai contribuír decisivamente".

relacionada ​En Marea lanza a presentación do seu grupo por Galicia
relacionada ​Antón Sánchez asegura que todos acatarán o límite salarial de En Marea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE