​Pemex anula o segundo flotel anunciado para Barreras

|

Flotelpemex2


A petroleira mexicana Pemex, propietaria do 51 por cento das accións de Barreras, manterá a súa presenza no estaleiro, aínda que confirmou que, dados os problemas do mercado de hidrocarburos e os prexuízos que iso implica na súa conta de resultados, non encargará o segundo flotel anunciado hai pouco máis dun ano.


O director xeral da compañía, José Antonio González Anaya, visitou as instalacións do estaleiro vigués e confirmou que non se realizará o encargo do segundo flotel, debido os problemas no sector, derivados da baixada do prezo do petróleo.


O primeiro e único encargo executado da multinacional mexicana en Barreras, o flotel 'Reforma Pemex', foi xa entregado e, tras varias semanas de probas e período de formación, partirá o próximo fin de semana cara a Campeche (México), onde terá a súa base de operacións.


Tamén polas consecuencias derivadas da crise de prezo do petróleo, González Anaya admitiu que Pemex abandona tamén o seu proxecto de construír unha terminal de graneis líquidos na provincia da Coruña (en 2012 anunciouse este proxecto para Punta Langosteira).


SEGUIR EN BARRERAS


González Anaya, con todo, asegurou que a petroleira mexicana prevé manterse como principal accionista no consello de administración de Hijos de J. Barreras. Tamén confirmou o que a propia dirección do estaleiro avanzou en varias ocasións: que Barreiras está a negociar varios contratos, aínda que ningún deles é un encargo de Pemex.


Así, o acordo máis próximo a pecharse é o da construción dun minicruceiro de luxo. Neste caso, o contrato está pendente de cuestións financeiras, posto que xa hai acordo co armador.


O segundo flotel e a terminal do porto exterior coruñés non foron os únicos proxectos anunciados e que quedaron no aire. Así, pouco despois de aterrar no consello de administración de Barreras, Pemex anunciaba a construción dun atuneiro e varios barcos offshore, cuxos contratos non se materializaron.

relacionada ​Barreras termina el flotel y recibe el encargo de un "barco especial"
relacionada Barreras costruirá un xemelgo do flotel 'Reforma Pemex' para a petroleira mexicana

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress