Institucións locais e provinciais pronúncianse a favor do uso do termo 'feminicidio'

|

Feminicidio2


Ana Pontón, voceira do BNG no Parlamento, introducira o termo 'feminicidio' no debate de investidura de Feijóo e, esta mañá, durante a concentración en contra da violencia machista que tivo lugar na Praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago volveu botar man del para asegurar que proporá á Xunta que "avalíe a inclusión do termo" na lexislación galega como "concepto estrutural que dá conta da violencia específica que sofren as mulleres só por ser mulleres".


Do mesmo xeito, a Deputación de Ourense vén de aprobar que solicitará ao Parlamento galego que estude a inclusión do termo 'feminicidio' na Lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, así como promover un diálogo entre a administración e os axentes económicos para que as empresas cumpran coas normas de igualdade laboral entre homes e mulleres.


O voceiro do BNG, Ramiro Rodríguez, reclamou á Deputación que se instase á Xunta para "rescindir os contratos" que ten coas empresas que non cumpren coa igualdade salarial e laboral entre homes e mulleres.


A moción orixinal (que só contou cos votos a favor do BNG e Democracia Ourensá) tamén pedía á Xunta que avogase ante o Goberno central por un cambio na Lei de Medidas de protección integral contra a violencia de xénero.


O obxectivo desta reforma era a inclusión nesta norma do termo 'feminicidio' e a posta en marcha de traballos para desenvolver un Estatuto das Vítimas de Feminicidio.


Non obstante, os 'populares' defenden que sexa un órgano "integrado por expertos no ámbito xurídico", o que analice a inclusión do termo feminicidio na Lei galega contra a violencia de xénero e "outras posibles modificacións lexislativas".


Por outra banda a portavoz do grupo popular, María Teresa Cerdeira, sinalou aos nacionalistas que a petición de rescisión de contratos por parte da Xunta coas empresas nas que existe desigualdade salarial entre homes e mulleres "esixe a modificación de normativas" que "exceden do ámbito autonómico".


Os socialistas ademais aproveitaron para sinalar que a deputación ourensá "non é o lugar indicado" para tratar esta cuestión, porque o seu presidente (o popular Manuel Baltar) "está a ser investigado por un delito que a Lei galega contra a violencia de xénero tipifica como acoso sexual".


Ademais, a Deputación da Coruña aprobou, por unanimidade, unha declaración institucional con motivo do Día contra a Violencia Machista, no que condena as agresións contra as mulleres e insta tamén ao Parlamento galego a valorar a inclusión do termo 'feminicidio' na lexislación vixente. Ademais, antes de iniciarse a sesión plenaria deste venres, gardouse un minuto de silencio.


Posteriormente, por unanimidade de todos os grupos con representación no pleno -PSOE, BNG, PP, Marea Atlántica, Alternativa dúas Veciños e Compostela Aberta- aprobouse unha declaración institucional que condena a violencia machista e que inclúe no documento o termo 'feminicidio'.


"O recoñecemento do propio concepto debe servir de base -segundo a declaración- para a elaboración dun Estatuto de Vítima de Feminicidio", recoñece a institución provincial. 


Por iso, insta o Parlamento galego a incluír no plan de traballo da comisión non permanente de estudo para a igualdade e os dereitos das mulleres a persoas expertas no ámbito xurídico. Tamén pide "mellorar" os servizos de atención psicolóxica, información e inserción laboral.

relacionada Entrevistas con asesinos en las cárceles para profundizar en la violencia machista
relacionada O Obradoiro tínguese de loito en memoria das vítimas das violencias machistas
relacionada "Temos que traballar duramente para, algún día, non ter que conmemorar o 25N"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress