La única newsletter de sanidad de Galicia
Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado
Poderanse ver gratuitamente seis documentais e unha curtametraxe de animación no hotel Araguaney, de luns a venres ás 20:00 horas.
A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas organizará a próxima semana un ciclo de cinema Amal titulado 'Refuxiados no Cinema', en colaboración coa Deputación da Coruña. Poderanse ver sete películas de forma gratuíta do 28 de novembro ao 2 de decembro no Salón Rahid do hotel Eurostas Araguaney de Santiago (rúa Alfredo Brañas, 5), ás 20:00 horas.
Este ciclo pon de manifesto o drama humanitario dos refuxiados e a situación que atravesa o mundo árabe, actualmente con máis de oito conflito armados en activo e millóns de refuxiados. Ademais, a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas quere destacar que o refuxiado "non é unha cuestión que xurdise na época actual nin concretamente en Siria, se non que existen desde hai séculos en diversas partes do mundo".
Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado