AMAL 16 supera as expectativas da organización con varios miles de espectadores

|

AMAL2016

// Facebook AMAL- International Euroarab Film Festival


A semana de cinema euroárabe Amal finalizou o seu XIV edición superando as expectativas da organización con varios miles de espectadores. De feito, a organización destacou o aumento significativo de público na sala en cada unha das once proxeccións, a pesar do cambio de sede e, especialmente, con máis presenza de público novo, "maioritariamente mulleres e estudantes estranxeiros".


"Estamos moi contentos e satisfeitos pola aceptación que todas as películas tiveron entre o público que asistiu á semana de cinema euroárabae. Temos que comezar a traballar xa para organizar a próxima edición de 2017, coa procura das mellores películas árabes do momento, premiadas en diversos festivais", sinalou, nun comunicado, o director de Amal, Ghaleb Jaber Martínez.


No máis inmediato, Jaber Martínez explica que continuarán levando o cinema de Amal por toda Galicia co ciclo 'Amal en ruta', que este ano visitou Pontevedra e Lugo. "Queremos facer da Semana de Cinema Euroárabe Amal un proxecto itinerante polos principais núcleos urbanos galegos para chegar ao maior público posible", subliñou.


DOAZÓN DA BILLETEIRA


Ademais, a organización puxo en marcha a doazón do despacho de billetes de Amal 2016. Nesta edición, a recadación doarase aos nenos refuxiados do campamento improvisado da fronteira con Siria, nos arredores de Mafrad (Xordania), onde se atopaba a nena Zahra Mahmoud, imaxe do cartel desta edición de Amal do fotoperiodista e premio Pulitzer de fotografía Muhammed Muheisen.


A pequena Zahra, de cinco anos de idade, representa aos nenos sirios refuxiados, xa que na actualidade aproximadamente a metade dos 4,8 millóns de sirios que fuxiron da súa terra natal son nenos e nenas que viven en condicións infrahumanas, e algúns dos máis vulnerables viven en ducias de campamentos improvisados, incluíndo en Xordania, que acolle a aproximadamente 640.000 refuxiados.


LIMAR ASPEREZAS CO CONSISTORIO


Xa na décimo quinta edición, Ghaleb Jaber Martínez espera poder "limar asperezas" co Concello de Santiago e traballar conxuntamente o próximo ano para fomentar o intercambio cultural a través da gran pantalla en Compostela.


En todo caso, o director desexa poder contar coa asistencia de representantes do goberno municipal nalgunha das películas, "algo --remarcou-- que non sucedeu en ningunha das proxeccións deste ano".

relacionada Entregan a recadación da billeteira do AMAL 2015 aos refuxiados sirios de Sarria
relacionada O papel da muller centra a edición 2016 do Festival Amal

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress