#Claves de la semana

O Camiño de Santiago, modelo de xestión para o Goberno filipino

A experiencia galega no eido da promoción e xestión da Ruta Xacobea interesa ao Goberno filipino para pór en valor as vías locais. 


|

Caminosantiago 1


A experiencia de Galicia na promoción do Camiño de Santiago é un dos exemplos sobre as rutas de peregrinación que se exporán na VIII Tribuna España-Filipinas que se celebra desde este venres ata o día 27 de novembro na cidade de Davao.


Organizado polo ente público español Casa Asia, Turismo de Galicia participa neste encontro dentro da sección ‘Cultura, patrimonio, turismo sostible e boas prácticas: o caso das rutas de peregrinación”, no que o Camiño de Santiago será protagonista.


Así, o departamento de Turismo da Xunta participa nesta xuntanza para achegar a experiencia galega no eido da promoción e xestión da Ruta Xacobea e servir, así, de modelo para o Goberno filipino, interesado en poñer en valor turístico varias vía locais de peregrinación.


Así mesmo, a viaxe ten como obxectivo continuar impulsando o crecemento de peregrinos filipinos que veñen a Galicia para realizar o Camiño de Santiago. Neste senso, compre destacar que no que vai de ano a cifra total de peregrinos filipinos que recolleron a súa Compostela medrou un 44,06% en relación ao mesmo período do ano anterior.

relacionada ​Un centenar de personas con discapacidad reclama un Camino de Santiago "más accesible"
relacionada El periodista ourensano José Rodríguez obsequia a Vargas Llosa con su libro sobre Filipinas
relacionada Unha delegación do Goberno filipino visita Galicia, para coñecer a sua experiencia turistica
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE