#Claves de la semana

Villares critica que as cancelacións de Pemex deixan en mal lugar a Feijóo

O portavoz de En Marea di que o presidente da Xunta fixo en campaña "anuncios electoralistas que nin sequera lle correspondían".


|


Luisvillaresmarea



O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, cre que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, "queda en evidencia" tras o anuncio de que Pemex non construirá o segundo flotel no estaleiro vigués de Barreiras, tal e como estaba comprometido.

Nunha entrevista concedida este domingo á RNE recollida por Europa Press, Villares indicou que "tanto en 2012 como en 2016" o titular da Xunta efectuou en campaña "anuncios electoralistas que nin sequera lle correspondían", nas que "se atribuía como propias" a consecución de carga de traballo para o estaleiro de Vigo.

"As explicacións dadas por Feijóo coma se fose o conselleiro delegado de Pemex no canto do presidente de Galicia parécennos patéticas", espetou Villares, en referencia ás palabras do titular do Goberno galego o pasado xoves, cando xustificou que a multinacional mexicana cancelase a construción do segundo flotel debido ao "afundimento" nos prezos do cru.

LOMCE

Por outra banda, manifestou que o acordo alcanzado no Congreso para modificar varios puntos da Lomce evidencia que o Goberno de Mariano Rajoy está "a chegar á conclusión de que isto é unha mala lei".

Así mesmo, apuntou que En Marea non se dará "por satisfeito" ata a "completa derrogación" da nova lei de educación. "Estamos seguros de que o conseguiremos, tanto no Parlamento como na rúa", resolveu.

Villares cualificou de "retórica" a promesa de Feijóo no debate de investidura de que trataría de alcanzar "puntos de encontro" coa oposición durante esta lexislatura, xa que cre que "o continuísmo" que evidenciou que non houbese "cambios" no seu equipo de goberno é un reflexo do traballo parlamentario que levarán a cabo os populares no próximos catro anos.

"Feijóo continuará ata que lle dea paso a outro que teña tapado de parlamentario. Aí veremos un cambio de goberno, veremos se de política", indicou.

RELACIÓNS CO BNG

Por último, o portavoz de En Marea tamén se referiu á polémica xurdida co BNG pola repartición dos espazos para os grupos parlamentarios no Pazo de Hórreo. Neste sentido, asegurou que as relacións cos nacionalistas son "cordiais".

"Foi un caso puntual. É unha equivocación por parte do BNG, as instalacións non pertencen a un grupo político, pertencen ao Parlamento de Galicia", resolveu Villares, para o que "a distribución de espazos" debe ser "proporcional", á vez que avanzou que En Marea ocupará as súas novas dependencias "a próxima semana seguramente".

relacionada ​Pemex anula o segundo flotel anunciado para Barreras
relacionada Pemex bota o freno en Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE