A cultura galega recorda a Xosé Neira Vilas no seu primeiro cabodano

|

Xoseneiravilas


Este domingo cumpreuse un ano da morte do escrito galego Xosé Neira Vilas, quen faleceu o 27 de novembro de 2015 aos 87 anos na súa casa natal de Gres, en Vila de Cruces (Pontevedra). Así, un ano despois do seu falecemento, desde o mundo da cultura galega lembran o seu legado: "Segue sendo un dos autores de referencia na literatura galega contemporánea", subliñou o director xeral da editorial Galaxia, Víctor Freixanes, en declaracións a Europa Press.

Este escritor e xornalista tamén destacou de Neira Vilas que "ten un público moi fiel e moi querido, sobre todo no ámbito dos primeiros lectores". E é que sostén que estes descobren a literatura galega a través da súa obra 'Memorias dun neno labrego'.

En concreto, Freixanes realizou estas declaracións o mesmo día no que o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto conmemorativo do primeiro aniversario da morte do tamén autor de 'Cartas a Lelo'.

'Memorias dun neno labrego' non é só a obra máis coñecida do escritor crucés, senón que tamén é a máis vendida e traducida da literatura galega, ademais de ser considerada a peza inaugural da creación infantil e xuvenil na nosa lingua.


A prolífica obra de Neira Vilas céntrase na emigración e no rural, dous aspectos moi presentes na súa vida. En 1949, o escritor emigrou, como tantos outros, da Galicia rural á Arxentina, onde estudou Xornalismo e comezou a relacionarse con intelectuais galegos como Luís Seoane, Rafael Dieste ou Blanco Amor.

En 1961, ano de publicación do seu 'best seller', fundou xunto á súa esposa, a tamén escritora Anisia Miranda, a editorial Follas Novas. Ese mesmo ano marchou a Cuba, de onde non volvería ata 1992, cando se asentou de novo na súa parroquia natal, Gres, desde onde dirixiu a Fundación Xosé Neira Vilas.

Neira Vilas foi membro da Real Academia Galega e doutor honoris causa polas Universidades da Coruña e A Habana. Recibiu numerosas condecoracións como Premio da Crítica Española e premio da Crítica Galega, así como as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas.

'QUIQUE NA ALDEA'

O pasado 25 de novembro, como primeiro acto de homenaxe ao defunto escritor galego, presentouse unha obra póstuma de Neira Vilas nun acto ao que asistiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

'Quique na aldea' é o título deste conto, cuxo protagonista é distinto ao coñecido Balbino de 'Memorias dun neno labrego'. En concreto, este narra a historia dun neno que descobre a aldea nunhas vacacións cos seus avós.

"Hai xente que non tivo a sorte de nacer no rural, coma Quique, e é moi bo que a xente da cidade veña coñecelo", apuntou o presidente galego, que lembrou como Neira Vilas "nunca esqueceu a súa aldea".

relacionada Preséntase unha obra póstuma de Neira Vilas no primeiro cabodano do seu falecemento
relacionada Marilar Aleixandre ocupará a cadeira de Neira Vilas na RAG
relacionada Neira Vilas pónlle nome ao auditorio do Arquivo de Galicia

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress