​Descobren no xacemento da Lanzada un puñal que podería pertencer ó seculo IV A.C.

|

Puallanzadaarqueologiaxacemento 1


O persoal da Deputación de Pontevedra encargado da escavación da Lanzada achou un puñal que podería pertencer ó século IV AC ou incluso a un período anterior. En concreto, o equipo de especialistas da institución provincial formula na actualidade dúas posibilidades sobre o artefacto: ou ben que sexa un puñal de antenas de tipo Lebosandaus, moi común na Idade de Ferro en Galicia e na Meseta, ou ben que sexa un puñal da Idade do Bronce final de tipo chipriota.


Os especialistas aseguran que a situación do puñal é unha novidade porque que se ben nos anos 70 do século pasado apareceron xa dous puñais asociados a cabanas, neste caso o achado tivo lugar nun espazo alleo ás residencias. De feito, o persoal da Deputación de Pontevedra que traballa no xacemento da Lanzada cre que o puñal, que aparece con artefactos do século II A.C. pese a que é moi anterior a ese século, tratábase dunha especie de reliquia que quizais se situou nese espazo concreto por unha cuestión votiva


A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, amosou a súa satisfacción por este último achado que confirma as expectativas formuladas no inicio respecto a este xacemento e felicitou ó persoal de arqueoloxía que están a traballar no campo da Lanzada. Ó mesmo tempo Silva manifestou que os traballos no campo da Lanzada continuarán ata o mes de xaneiro debido ós materiais que están a aparecer a diario no xacemento.


Desde o comezo da intervención na Lanzada atopáronse unha grande cantidade de vestixios do noso pasado. En concreto, apareceron un total de 15 esqueletos, varias fíbulas e restos de media ducia de "sigilitas" gravadas que segundo o equipo de especialistas da Deputación, pese a ser habitual a súa aparición non o é a grande cantidade de pezas achadas, o que pon de manifesto, unha vez máis, a orientación comercial do asentamento da Lanzada.


A Lanzada trátase dun xacemento moi interesante para coñecer o mundo da Idade de Ferro no noroeste peninsular e a importancia das relacións comerciais que, desde A Lanzada, se establecían, que situaban ó asentamento nos circuítos comerciais daquel momento. Neste eido, nas intervencións realizadas ata o de agora, atopáronse restos situados entre a Idade de Bronce e do Ferro, tamén achados de cabanas de madeira con recuberto de pallabarro (século VI a.C.), construcións de mampostería de plantas circulares e anguladas, así como restos de edificacións cuadrangulares e de plantas complexas (século II-III d.C.), dunha necrópole dos séculos III-IV d.C. ou dunha fortificación para a defensa da costa contra as invasións normandas do século X d.C.

relacionada Os ósos dos nenos do xacemento da Lanzada datan de entre os séculos I e II
relacionada ​A Deputación de Pontevedra retoma as escavacións arqueolóxicas na Lanzada
relacionada Atopan no xacemento da Lanzada o esqueleto dun bebé, próximo ao de Cornelia

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress