​O persoal da Residencia de Maiores de Oleiros nega maltrato aos residentes

|

Residenciaancianos


Os traballadores da Residencia de Maiores de Oleiros, que depende da Xunta de Galicia, saen ao paso da denuncia que fixo pública a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública por deficiencias na atención aos residentes. O persoal do centro defendeu, en declaracións a GaliciaPress, que a calidade da asistencia é boa, a pesar da sobrecarga de traballo que viven.


Este mércores saíu a luz o caso de Lola, unha muller que denunciou o centro por lle "limitar o horario de visitas" e por impedirlle que puidese subir "á habitación da filla". Segundo a súa versión, esta foi a reacción da dirección por se queixar da "falta de hixiene, a mala calidade da comida, que non lle dan de beber axeitadamente" á súa filla, así como carencias noutros coidados básicos.


O persoal da residencia, sen embargo, denuncia que houbo unha agresión por parte dunha familiar da muller residente a unha das traballadoras. Segundo contan, trátase dunha familia conflitiva contra a que xa había "50.000 partes, e nunca pasa nada ata que pasa, e a agresión recibiuna quen a recibiu". "Algúns familiares queren que deixes de atender a un residente para atender exclusivamente a outros", lamentan, "e non estamos lendo o Hola! temos unha sobrecarga de traballo bestial, estamos sacando o traballo adiante por empatía e aínda temos que soportar insultos e presións". Recoñecen que hai "familias agradecidas, pero outras, por impotencia ou polo que sexa, tómana contra nós".


No caso concreto da filla de Lola, os traballadores do centro din non saber "qué clase de preguntas fixo a inspección", pero "esta residente non ten nin unha escara". Defenden que neste centro "é mínima a porcentaxe de escara que hai", e que é o principal indicador do grao de calidade da atención nas residencias xeriátricas.


Ese centro acolle a uns 280 residentes, tal e como lembran os traballadores, que defenden que "a falta de persoal compensámola a conta da nosa saúde e de crear futuras minusvalías en nós mesmos", porque atenden, en moitos casos, a grandes dependentes físicos e psíquicos. Lembran, así mesmo, os recortes sufridos nos seus descansos desde o 2012, o que redunda en agotamento e dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. Aseguran, ademáis, que "hai meses que o 30% está de baixa, unha situación que xa se lle trasladou á inspección de traballo e ás institucións competentes".

relacionada ​Un centro de maiores da Xunta castiga a quen denuncia as deficiencias na atención
relacionada Las ayudas por dependencia siguen sin llegar
relacionada "O que lles preocupa é que se poida perturbar un pouco a paz social"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress