​En Marea e BNG culpan á xerente do CHUO do colapso de Urxencias

|

Urgencias


En Marea e BNG instaron este xoves á Xunta a introducir unha partida nos orzamentos autonómicos do ano próximo que permita solucionar o problema dos "colapsos reiterados" no servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), dos que culparon á xerente, Eloína Núñez.


Así o sinalaron a vicepresidenta do Parlamento, Eva Solla (En Marea), e a líder do BNG, Ana Pontón, tras reunirse cunha delegación de traballadores do CHUO na sede da CIG en Ourense.


Pola súa banda, a portavoz nacional do Bloque mostrou a súa "disposición" para alcanzar un "acordo" co goberno liderado por Alberto Núñez Feijóo que supoña unha "solución ao problema sanitario e ao colapso das urxencias en Ourense".


Neste sentido, advertiu de que se as contas non recollen fondos específicos para poñer fin a este "problema estrutural", o BNG presentará emendas e poñerá en marcha "unha campaña social".


Así mesmo, Eva Solla denunciou o "colapso cronificado" das urxencias do CHUO, que "se debe a unha mala xestión da consellería (de Sanidade) e da xerencia". "É froito da mala política de xestión sanitaria e dos recortes", subliñou, para advertir de que tamén o seu grupo estará "atento" aos orzamentos da Xunta.


CULPAN Á XERENTE


Ademais, ambas as deputadas fixeron fincapé en que a situación responde á "xestión deficiente" da xerente do CHUO, curmá do presidente, a quen requiriu que a substitúa.


"O racional sería cambiar á xerente, que é un dos problemas que hai en como funciona o hospital", incidiu Ana Pontón, mentres Eva Solla reprobou que, "a pesar das advertencias" que houbo, "non fixo nada".


Respecto diso, a representante de En Marea lembrou que os traballadores do CHUO tiveron que recorrer á Fiscalía "de maneira desesperada" para "solucionar unha situación que roza uns malos tratos continuos" e na que non se tomou ningunha medida para corrixila.


Finalmente, Pontón sinalou que estes colapsos non só se producen no hospital ourensán, senón que estes son "a punta do iceberg". Así é que traballará para "reverter as privatizacións e os recortes".

relacionada ​Nuevo colapso en las urgencias del hospital de Ourense
relacionada Readmiten á traballadora da limpeza do HULA despedida por estar de baixa
relacionada ​"Mínimos inaceptables" de persoal na asistencia á saúde mental en Galicia

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress