#Claves de la semana

Villares: "Existe unha precariedade laboral que se traslada á precariedade das persoas"

Luís Villares lamentou que en Galicia suba máis o paro ca no conxunto do Estado e afea o "triunfalismo" de Feijóo. 


|

Feijooenmarea


O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, considerou que os datos do paro coñecidos este venres son "absolutamente negativos" e criticou a "incapacidade de reacción" do Goberno presidido por Alberto Núñez Feijóo ante estas cifras.


Respecto diso, lamentou que os desempregados aumenten "máis" na Comunidade galega que no conxunto do Estado, cuestión que, na súa opinión, mostra que "non existen os motivos para o triunfalismo de Feijóo".


Así mesmo, criticou que a Xunta non reaccione ante unha "situación crítica" e acusou ao goberno do PPdeG de "sacar peito nos meses nos que crece a contratación" e "encollerse de ombreiros" no momento "no que se produce o fin do ciclo". "Iso mostra unha incapacidade de intervir nese ciclo de evolución do emprego", indicou.


Villares tamén criticou que o "o 75% dos parados rexistrados no Estado se produzan en Galicia" e lamentou que "menos do 5% dos contratos" sexan indefinidos. "Existe unha precariedade da situación laboral que se traslada á precariedade das persoas", manifestou para considerar que este dato "debe preocupar firmemente o Goberno".


Por último, tamén censurou que "só o 46% dos parados teña algún tipo de prestación". "Ou o que é o mesmo, máis da metade de parados en Galicia non teñen prestación por desemprego de ningún tipo", asegurou.


CASO DE PREVARICACIÓN EN SANTIAGO


O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, asegurou que o edil de Compostela Aberta no Concello de Santiago investigado por prevaricación administrativa no caso das sancións a locais de lecer, Jorge Duarte, cumpre o código ético do partido instrumental ao non dimitir xa que esta acción esíxese para aqueles cargos investigados por "corrupción con enriquecemento".


"O código ético de En Marea prevé a necesidade de dimisión no momento no que se abre xuízo oral con carácter xeral e nos casos de corrupción con enriquecemento adiántase ese momento a unha vez que se produza a condición de investigado", explicou.


Respecto diso, asegurou en que Jorge Duarte "non está en ningunha destas situacións, "polo que a súa decisión de non dimitir "é perfectamente acorde" co código ético do partido instrumental.


En concreto, o concelleiro de Espazos Cidadáns foi citado a declarar o próximo 15 de febreiro en calidade de investigado --a figura que substitúe á imputación-- por un suposto delito de prevaricación por trato de favor ou trato desigual a locais de lecer da capital galega.

relacionada ​O paro sobe en Galicia en máis de 4.500 persoas en novembro
relacionada ​A taxa de cobertura ao desemprego subiu ao 51,75% en outubro en Galicia
relacionada O emprego precario sitúa na corda frouxa o sistema de pensións
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE