Un documental conta a historia de Isabel Zendal, a enfermeira galega "que cambiou o rumbo do mundo"

|

Isabelzendaldocumental


'Isabel Zendal, a enfermeira que cambiou o rumbo do mundo' é o nome do documental estreado polo Sindicato de Enfermería, SATSE, e Enfermería Tv este venres, na Casa da Cultura de Ordes (A Coruña), e que retrata a fazaña de Isabel Zendal, enfermeira e única muller da Real Expedición Filantrópica da Vacina contra a Varíola, promovida por Carlos IV para expandila por América e Asia entre 1803 e 1806.


Isabel Zendal, nomeada este mércores 30 de novembro Filla Predilecta de Ordes polo Concello, foi responsable de coidar aos 22 nenos expósitos portadores da vacina e de manter viva a cadea de vacinación. 


Ao longo de 32 minutos, o perfil de Isabel vaise completando cos testemuños do xornalista Antonio López Mariño, o escritor Javier Moro, Juan Jesús Gestal, experto en Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela, e Sagrario Liaño, antiga xefa da sección de Servizos Sociais da Deputación Provincial da Coruña. Ao non existir ningunha fotografía da protagonista, o seu retrato vaise configurando a través das persoas que mellor coñecen a súa historia e das terras galegas, onde Enfermería Tv gravou integramente o traballo.


A estrea do documental culmina as accións do Sindicato de Enfermería, SATSE, e a revista Enfermería en Desenvolvemento para recuperar a memoria de Isabel Zendal. Ata o momento, en España a súa figura apenas obtivera recoñecemento público, aspecto que SATSE está a corrixir con diversas iniciativas. Neste sentido, a secretaria autonómica do Sindicato de Enfermería en Galicia, Carmen García Rivas, comunicou durante a presentación que o premio do Encontro Científico Galego de Enfermería e Fisioterapia, organizado por SATSE en Galicia, adoptará o nome de Isabel Zendal.


Os asistentes á presentación do documental de Enfermería Tv puideron contemplar tamén o Premio Especial Enfermería en Desenvolvemento 2016, entregado pola revista Enfermería en Desenvolvemento ao alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, na gala dos premios celebrada o 24 de novembro no Círculo de Belas Artes de Madrid. Con este xesto, a revista, editada polo Sindicato de Enfermería, SATSE, e a Fundación para o Desenvolvemento da Enfermería, FUDEN, pretenden difundir entre a sociedade a importancia da figura de Isabel Zendal. En palabras da directora da publicación, Yolanda Núñez Gelado, "é o noso deber, como profesionais do coidado e como referentes en prevención e promoción, incorporar a Isabel Zendal ao lugar destacado ao que sempre debeu pertencer". 

relacionada ​O Sindicato de Enfermería maniféstase este xoves pola reactivación da carreira profesional

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress