#Claves de la semana

A Xunta mobiliza 4 millóns para a execución do Plan Renove de ascensores

Levaranse a cabo máis de 130 proxectos en comunidades de veciños galegas para a instalación de máquinas máis eficientes e seguras


|

Ascensorantiguo


A Xunta mobilizou este ano máis de 4 millóns de euros para a execución de máis de 130 proxectos en comunidades de veciños galegas dentro do Plan Renove de Ascensores, que busca a instalación de máquinas máis eficientes e seguras.


A resolución desta orde, publicada este luns no Diario Oficial de Galicia, beneficia a un total de 133 comunidades e unhas 2.700 vivendas, que contan con axudas de ata o 50 por cento do custo do proxecto.


Os novos ascensores que se instalan a través deste Plan Renove permiten a redución anual, polo menos, do 35 por cento do uso de enerxía convencional, ademais de supoñer un incremento no nivel de seguridade. Os apoios inclúen os custos en equipamento material, obra civil e man de obra asociados á reforma e posta en servizo das máquinas.


Esta actuación encádrase no desenvolvemento do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nas Vivendas, posto en marcha o ano pasado e que, xunto a esta iniciativa, promoveu outro tipo de medidas como a implantación de xanelas ou caldeiras máis eficientes ou a instalación de equipos de geotermia, solar térmica e aerotermia.

relacionada ​A Deputación de Lugo convoca axudas para pilotos de rali da provincia
relacionada ​Tras las elecciones, Feijóo reparte 'a dedo' subvenciones a la prensa
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE