​Galicia ten 70% das explotacións lácteas de menor tamaño e produción de España

|

Leitefeiraco


Galicia conta co 70% das explotacións lácteas de menor tamaño de España, un total de 3.830 granxas das 5.450 que producen menos de 75.000 litros ao ano no Estado.


Así figura no monográfico 'O sector lácteo español na encrucillada', coordinado polo profesor Miguel Ángel Díaz Yubero. En concreto, no capítulo que Tomás Pascual dedica a analizar déficits e retos da cadea de valor.


Neste estudo no participan máis dunha trintena de expertos, o conselleiro delegado da Corporación Empresarial Pascual, Tomás Pascual, apunta que a produtividade media dunha vaca é duns 7.900 litros por animal en España --na media europea--, o que significa que esas 3.830 explotacións teñen menos dunha decena de vacas.


Esta análise, realizada con datos de finais de 2015, recolle que en total hai 17.740 explotacións lácteas en España, das que un 33% --5.923-- teñen máis de 50 vacas no país e producen o 67% do leite.


Aquí apúntase ao decrecemento continuo de granxas nos últimos anos en España e Galicia. De feito, nos últimos datos coñecidos do Ministerio de Agricultura, actualizados a outubro de 2016, obsérvase que no Estado xa só quedan 15.551 explotacións, da que 8.602 son galegas.


DESAPARICIÓN DE GRANXAS MENOS EFICIENTES


Nesta liña, Pascual prevé que "nun futuro próximo haberá diversos modelos" de explotación "convivindo en España", con elementos de competitividade diferentes: "os pequenos baseados no territorio e a sustentabilidade e os grandes en economías de escala".


Aínda que considera que "a concentración por si soa non debería ser o factor que rexa o futuro", senón "máis ben a diferenciación e a eficiencia", advirte de que "os analistas apuntan cara a unha redución no futuro das granxas menos eficientes, como vén sucedendo en toda Europa".


DESAXUSTE ENTRE PRODUCIÓN E CONSUMO


No seu artigo 'Sobrevivir ou revitalizar: logros, déficits e retos da industria láctea', Pascual apunta tamén ao "importante desaxuste" existente entre as comunidades produtoras e as de consumo.


De tal forma, Galicia produce case o 40% do leite de España, pero tan só consome o 7% do total, nun contexto de descenso de consumo de leite líquido. Así mesmo, reflexiona sobre como en 2014 no país producíronse 6,6 millóns de litros, menos do consumo do Estado, "nin o 1% da produción mundial".


Respecto diso, indica que "estas circunstancias dificultan ter capacidade de influencia no comportamento dos mercados mundiais" e "sobreexpon á volatilidade de prezos".


"Esa falta de tamaño e a reducida diversificación de produtos e de mercados provoca unha maior exposición á volatilidade dos prezos, coas consecuencias que iso ten na rendibilidade global do sector", avisa.


GALICIA LIDERA A CAÍDA DE PREZOS E VÍAS DE ESTABILIDADE


No monográfico tamén se recolle un artigo do responsable do sector lácteo COAG, Gaspar Anabitarte, 'Da reestruturación ao desmantelamento', no que destaca que o descenso de prezos pagos a produtores galegos entre finais de 2013 e 2015 foi o maior de todas as comunidades.


Neses dous anos, a diminución de prezos en Galicia foi do 26,72%, por encima do retroceso do 21,6% de media no país durante o mesmo período.


Ante a "crítica" situación que atravesan os produtores, Anabitarte propón solucións como revisar a rede de seguridade europea para que os prezos cubran, "polo menos, os custos de produción do leite"; medidas que impidan a deslocalización da produción entre países e zonas, "para protexer a produción en zonas desfavorecidas e de montaña", así como que todos os operadores lácteos usen índices publicados pola interprofesional láctea (Inlac).


Tamén apunta como exemplo a seguir a regulación do mercado lácteo que é levada a cabo en Canadá pola Canadian Dairy Commision (CDC), "que anualmente revisa e establece prezos de mantemento para manteiga e leite desnatada en po para o ano seguinte", que se usan como referencia do prezo para pagar a gandeiros.


No marco de mellorar esa sustentabilidade dos produtores, Pascual chama a atención sobre os seguros de perdas de marxe desenvolvidos no marco da Farm Bill, o equivalente á Política Agrícola Común (PAC) en Estados Unidos, na que "as primas son pagadas principalmente polos produtores, con certo apoio por parte das administracións, e dan unha cobertura, baixo determinadas condicións, nos momentos nos que concorren as circunstancias de caídas de marxes".

relacionada Clun aposta pola transformación e a expansión
relacionada A liberación dun continxente de leite en po podería volver afundir os prezos, advirte o SLG
relacionada Por primeira vez no ano sobe o prezo do leite

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress