#Claves de la semana

A liberación dun continxente de leite en po podería volver afundir os prezos, advirte o SLG

O Sindicato Labrego Galego alerta da intención da Comisión Europea de liberar ao mercado 20.000 toneladas provenientes das retiradas por intervención pública. 


|

Leitegalega100


A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, vén de participar nunha nova xuntanza do Observatorio do Mercado do Leite (Milk Market Observatory-MMO) en Bruxelas, un foro de diálogo convocado pola Comisión Europea en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), que tivo como "novidade máis preocupante" a intención da Comisión Europa de liberar no mercado en decembro un "continxente de máis de 20.000 toneladas de leite en po" proveniente das retiradas por intervención pública, segundo informa nun comunicado o SLG. 


Desde o sindicato advirten que o mercado non está en condicións de recibir un continxente de excedentes de leite, e afirman que "de producirse", "remataría cos primeiros síntomas de recuperación da crise do sector lácteo e volvería a afundir os prezos".


Porén, a Comisión Europea argumenta que a mellor época para liberar estes excedentes é agora, entre o outono e o inverno, aproveitando a baixada estacional na produción, xa que facelo en primavera ou en verán sería temerario tendo en conta que nesta época se dispara a produción de leite.


Dende o Sindicato Labrego Galego defenden que eses excedentes "nunca deberían chegar ao mercado" e que "cómpre buscar vías alternativas para a súa utilización" que non inflúan no prezo do leite, e poñen como exemplo destinalo á alimentación animal.


Esta medida anunciada pola Comisión Europea será debatida no vindeiro Consello Ministerial de Agricultura da UE. Isabel Vilalba puxo esta cuestión enriba da mesa na xuntanza mantida hoxe entre a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e as tres organizacións agrarias, e pediulle expresamente a Vázquez que Galicia "se posicione en contra da liberación destes excedentes de leite en po, e que interceda diante da ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, para que faga outro tanto no Consello Ministerial de Agricultura da UE".

relacionada O SLG reclama que os etiquetados da orixe do leite "sexan claros"
relacionada ​Só 65 gandeiros galegos solicitaron as axudas da UE para reducir a produción
relacionada Por primeira vez no ano sobe o prezo do leite
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE