​Só 65 gandeiros galegos solicitaron as axudas da UE para reducir a produción

|

Vacasleiteiras


Un total de 65 gandeiros galegos acolléronse á segunda convocatoria de axudas da UE para a redución da produción láctea, nunha cantidade de 783.244 quilos.


Esta cifra de solicitudes publicada esta semana supón 717 menos que os 782 gandeiros (eran preto do 9% do total) que accederon a estas subvencións a finais de setembro. Entón foron 10.481.342 quilos. Entre as dúas convocatorias van 847 produtores na Comunidade.


Neste segundo período presentaron solicitude para as axudas 127 gandeiros en toda España. Con Galicia á cabeza, seguida de Asturias (18) e Castela e León (14).


Esta cifra de 65 gandeiros só supón un 0,75% dos 8.709 gandeiros que segundo as últimas cifras oficiais do Ministerio de Agricultura, do mes de agosto, realizaron entregas en Galicia.


No seu momento, a conselleira de Medio Rural en funcións, Ángeles Vázquez, xa defendeu que reducir a produción láctea "non é o camiño que hai que seguir" en Galicia, senón que se debe apostar por "transformar, buscar novos mercados e produtos".

relacionada ​Ángeles Vázquez: A redución de produción láctea "non é o camiño a seguir"
relacionada ​Lidia Senra defende a regulación pública da produción láctea galega
relacionada ​200 gandeiros levan meses sen cobrar polo seu leite

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress