#Claves de la semana

​Elena Muñoz reclama "poñer ao día os censos do partido"

A candidata para liderar o PP vigués defende "dar unha imaxe de transparencia para demostrar que non temos nada que ocultar".


|

Elenamunozppvigo


A candidata á Presidencia do Partido Popular de Vigo Elena Muñoz, erixiu a transparencia como un dos seus compromisos prioritarios, marco polo que avogou por publicar na páxina web do partido os bens e actividades do comité executivo.

Nesta liña, propuxo tamén detallar a información financeira dos partido --ingresos e gastos-- á Xunta Local, así como por actualizar a base de datos de militantes e simpatizantes, co obxectivo de "poñer ao día os censos do partido".

"Debemos dar unha imaxe de transparencia para demostrarlles aos vigueses que non hai nada que ocultar, que estamos só para traballar por eles e ofrecerlle a Vigo a alternativa que demanda": "Un PP renovado, en contacto directo cos vigueses, aberto e transparente, e que supoña unha alternativa de goberno sólida, próxima e real", apostilou.

relacionada ​Javier Guerra aposta por que os membros do PP de Vigo poidan ocupar un só cargo
relacionada Javier Guerra preséntase como "cambio real" dentro do PP de Vigo
relacionada Lucía Molares retira su candidatura a la presidencia del PP de Vigo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE