#Claves de la semana

​'Boicot' a Segur Ibérica por non pagar aos traballadores

Os sindicatos iniciaron unha rolda de visitas aos clientes da empresa de seguridade para que tomen parte na solución do conflito laboral.


|

Seguriberica 1


As tres centrais sindicais presentes no comité de empresa de Segur Ibérica (USO, CCOO e CIG) iniciaron unha rolda de visitas aos clientes da compañía na busca de colaboración para solucionar o conflito por impagos nos salarios.

Tal e como informa o comité de empresa nun comunicado, os sindicatos buscan que "as empresas e organismos se involucren, reteñan a facturación pendente de aboar á compañía de seguridade e consideren a opción de negociar un pago directo". Sosteñen que esta medida xa se empregou por parte dalgúns clientes nas nóminas do mes de outubro.

Así mesmo, denuncian temén "a falta de vontade de Segur Ibérica de solucionar este conflito" e repróchanlle a falta de información que reciben pola súa parte. Este comportamento, afirman, provoca "unha sensación de completa indefensión aos afectados".

Os tres sindicatos defenden esta "unidade deacción" como mellor vía para resolver estes conflitos laborais e informan de que estarán presentes na próxima reunión do ERE que está convocada para o martes 13.

relacionada USO denuncia nuevos impagos en Segur Ibérica
relacionada ​Segur Ibérica comunica aos 50 traballadores que lles abonará as nóminas que lles debe
relacionada Peche en Segur Ibérica para denunciar o "mutismo" da dirección sobre o ERE
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE