Interceptado outro 'kamikaze' na A6 á altura de Guitiriz

|

Kamikazeguitiriza6

Imaxe do vídeo gravado por un particular // CRTVG


A Televisión de Galicia dá conta hoxe dun novo episodio de condución temeraria dun 'kamikaze', como se coñecen os condutores que circulan en dirección contraria nas estradas. 


Sucedeu na A6, onde o condutor circulaba dirección Lugo polo carril que leva á Coruña. Foi interceptado polos axentes da Garda Civil no quilómetro 535 á altura de Guitiriz, logo de que un particular filmara o percorrido do coche en sentido oposto e chamase ao 112, que se puxo en contacto con Tráfico inmediatamente e, segundo establece o protocolo, os axentes procederon a activar os paneis de seguridade para alertar ao resto de condutores, informa a TVG. 


O condutor 'kamikaze' foi interceptado sen que ocasionase ningún accidente no seu percorrido. 


A autoestrada pola que circulaba e o punto no que foi interceptado curiosamente coinciden co caso do 'kamikaze' da A6, acontecido en setembro, e no que faleceran dúas persoas, entre elas o condutor do turismo, de 25 anos, e outra resultara ferida de gravidade. Aquel accidente rexistrárase no quilómetro 546 da A6, en sentido Madrid, ao seu paso polo municipio lucense de Guitiriz, a só 11 quilómetros de distancia de onde tivo lugar a detención deste novo 'kamikaze'. 


Un mes máis tarde, o día 19 de outubro, as cámaras de Lavacolla recollían as imaxes doutro vehículo, un Citroën Xantia, circulando en sentido contrario polos carriles da A-54 dirección Lugo. Neste caso o condutor, un mozo de 22 anos, buscou o impacto contra un camión e perdeu a vida. 


Falta saber se o episodio de circulación en dirección contraria coñecido hoxe se debeu a un despiste ou a unha maniobra intencionada, coma no caso do kamikaze da A6 ou do mozo de Lavacolla. 

relacionada ​As cámaras de seguridade confirman que o 'kamikaze' de Lavacolla buscou o impacto
relacionada Dos fallecidos y un herido grave en un accidente provocado por un kamikaze en Guitiriz
relacionada Despistados ou 'kamikazes'?

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress