#Claves de la semana

​As cámaras de seguridade confirman que o 'kamikaze' de Lavacolla buscou o impacto

Circulaba en sentido contrario na autovía A-54 e estrelouse contra un camión dun transportista que "non puido facer nada".


|

Accidentea6kamikaze


As cámaras de videovixiancia instaladas na estrada do aeroporto de Lavacolla, na que o mércores perdeu a vida un mozo de 22 anos que circulaba en sentido contrario, amosarían segundo o diario El Correo Gallego, que o condutor buscou o impacto contra o camión intencionadamente.


Tamén La Voz de Galicia publica as declaracións do camioneiro contra o que impactou frontalmente o mozo, nas que afirma que "non tivo escapatoria", e que tentou esquivar o coche "pero veu contra min".


Segundo varios medios, as cámaras amosarían como o condutor 'kamikaze' incrementa a velocidade ata bater co camión. Coincide esta narración dos feitos coas declaracións do camioneiro implicado no sinistro ao xornal La Voz de Galicia: "eu, polo que vin, o chaval viña por min, porque ían dous coches diante miña e pasou de largo, non deu 'volantazo' contra eles, so o deu contra min".


O sinistro tivo lugar en concreto ás 11,55 horas deste mércores no quilómetro 85,9 da A-54 sentido Lugo, no termo municipal de Santiago de Compostela, cun turismo Citroën Xantia e un camión Scania con semiremolque implicados.


O accidente consistiu no choque frontal entre ambos os vehículos con resultado dunha persoa falecida, o home J.C.F., de 22 anos e veciño da poboación coruñesa de Milladoiro.


O Equipo de Atestados de Santiago instruíu as dilixencias para esclarecer as causas deste sinistro, que serán remitidas ao xulgado competente, o de Instrución de garda de Santiago.

relacionada Fallece un joven de 22 años que circulaba en sentido contrario por la autovía de Lavacolla
relacionada Despistados ou 'kamikazes'?
relacionada ​O condutor kamikaze da A6 conduciu 30 km en sentido contrario
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE