Vigo volve liderar o crecemento en pasaxeiros dos aeroportos galegos

|

Avioniberia


Os tres aeroportos galegos gañaron máis de 40.000 pasaxeiros en novembro respecto ao mesmo mes de 2015, ata un total de 324.925 viaxeiros, segundo datos feitos públicos este luns por Aena.


Este aumento está liderado por Vigo, cun incremento do 28,1%, ao gañar máis de 15.000 pasaxeiros ata un total de 69.364 (eran 54.150 un ano antes).


Do total de pasaxeiros en Peinador, 66.279 foron voos nacionais (un 23,2% máis) e 3.081 internaciones. Nesta terminal tamén crece o tráfico, con 855 voos (+22%), mentres que en novembro pasaron 28 toneladas de mercadorías.


Pola súa banda, Lavacolla (Santiago) ten un incremento do 13,5% ata alcanzar os 169.510 pasaxeiros, uns 20.000 máis que os 149.293 de 12 meses antes.


En Lavacolla, 146.721 viaxeiros realizaron voos nacionais (un 12,6% máis) e 22.568 foron internacionais (un 19,5% máis). Houbo 1.414 voos, cun aumento dun 4% dos comerciais (foron 1.336). Un total de 235 toneladas pasaron pola terminal compostelá (+13,6%).


No caso de Alvedro (A Coruña), hai unha alza do 7,3%, desde os 80.866 usuarios de novembro de 2015 aos 86.767 do mesmo mes deste ano.


Na terminal coruñesa, houbo 77.567 viaxeiros en voos nacionais, fronte aos 8.484 de desprazamentos internacionais. As operacións foron 1.250 (+12,4). O tráfico de mercadorías rexistrou máis de 15 toneladas (+17,5%).


DATOS NO QUE VAI DE ANO


No acumulado do ano --entre xaneiro e novembro-- as tres terminais galegas gañan 472.508 (12,6%), ata chegar a 4.206.057 viaxeiros, cando no mesmo período de 2015 eran 3.733.549.


Aquí sobresae de novo o incremento de Peinador, desde os 656.795 pasaxeiros dos 11 primeiros meses de 2015 aos 890.645 deste ano (+35,6%). Séguelle Lavacolla, cun aumento de máis de 200.000 pasaxeiros (+9,6%), e Alvedro, case 35.000 máis (+3,6%).


No que vai de ano, 2.336.344 persoas elixiron o aeroporto de Santiago. En total, rexistráronse 19.832 voos, un 3,9% máis que no mesmo período do ano anterior, e 2.064 toneladas de mercadorías movéronse pola terminal de carga.


Entre xaneiro e novembro, polo aeroporto de Vigo pasaron 890.645 pasaxeiros. Foron 10.726 aeronaves (un 20,8%) e 437 toneladas de mercadoría.


Finalmente, nos primeiros 11 meses na Coruña houbo 979.068 pasaxeiros, 14.470 aeronaves (un 5,9% máis) e 164 toneladas de mercadoría (un 33,2% máis).

relacionada Un fallo na oficina de meteoroloxía de Peinador obriga a desviar dous voos a Santiago
relacionada Peinador registra un repunte de pasajeros casi cuatro veces superior a Lavacolla

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress