#Claves de la semana

​O Dépor pecha o 2016 cunha vitoria e confirmando as boas sensacións

(2-0). O conxunto de Garitano vence ao colista dominando e colle distancia sobre o descenso. Os goles, de Andone e Babel.


|

Deporosasuna

A vitoria espanta as pantasmas de Riazor. //Foto: RC Deportivo

Avisaban desde o Deportivo durante toda a semana: nalgún momento o bo xogo daría froitos en forma de bos resultados. Que fose fronte o colista non lle quita mérito ao premio conseguido a base de insistencia. Gaizka Garitano aproveitou a inercia dos dous últimos encontros e volveu repetir once inicial, algo que non fixera ata este mes, e saíulle ben. Un 2-0 contra o Osasuna que pecha o 2016 da mellor maneira posible na Liga.

Con estes tres puntos, o equipo herculino colle distancia co descenso. Este domingo foi o dominador absoluto do encontro. Demostrouno desde o inicio. Aos cinco minutos, unha xogada colectiva rematou cun disparo de Babel á escadra no que se luciu o porteiro rival. Nese saque de esquina Andone abriu o marcador cunha entrada ao primeiro pau con toda a fe do mundo.


O gol non cambiou o guión do partido e o Dépor seguiu dominando, grazas á boa circulación do balón e a que o Osasuna tampouco foi quen de saír do seu bloqueo. Con esta base, o equipo branquiazul gozou de máis ocasións durante a primeira metade. O segundo tanto chegou da cabeza de Ryan Babel, desta vez, a partir dunha xogada que naceu de Andone a un par de minutos do descanso.

Tampouco á volta dos vestiarios (que se retrasou máis de 20 minutos por un fallo na iluminación do estadio) o Osasuna foi quen de poñer en apuros ao Dépor, que deu un paso atrás e deixou pasar os minutos co resultado controlado. Sen facer máis sangue.

A última cita do ano será contra o Betis, a volta da eliminatoria de Copa na que os coruñeses teñen que darlle a volta ao marcador para seguir na competición.

relacionada ​Sidnei, sobre su renovación: "Esta semana dejamos todo arreglado"
relacionada ​Borges espera "transformar el buen momento futbolístico en resultados"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE