#Claves de la semana

​Pontevedra debate e vota os "orzamentos da oposición"

O proxecto presentado polo BNG, que goberna en minoría, chega con 22 emendas e o alcalde considérao "unha moción de censura encuberta".


|

LoresalcaldedePontevedra12112015


O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, denunciou o pasado mércores unha "moción de censura encuberta" nas emendas presentadas ao orzamento municipal por parte dos catro grupos que conforman a oposición --Partido Popular, Partido Socialista, Marea Pontevedra e Cidadáns--.


Este luns está convocado o pleno no que debaterá o orzamento. En primeiro lugar votarase o voto particular que rexeita todas as emendas da oposición. Se Lores non consegue que se aprobe este voto particular, xa adiantou que "non" vai "gobernar cuns orzamentos da oposición" polo que neste caso, previsiblemente, o BNG retirará o proxecto dos orzamentos para prorrogar o actual


O BNG goberna en minoría en Pontevedra polo que os votos da oposición obrigaron a incluír no proxecto de orzamentos para o próximo ano un total de 22 das 34 emendas presentadas.


Fernández Lores compareceu este mércores nunha rolda de prensa convocada con urxencia para expresar o seu enfado ante unhas emendas que, segundo asegurou, na práctica "impiden gobernar" ao BNG, que o está facendo dunha forma "brillante, positiva".


Segundo o rexedor da capital en Pontevedra, hai "un pacto liderado polo PP" contra a súa xestión para "torpedear o modelo de cidade", polo que a oposición presentou emendas "a mala fe" nunha actitude que cualificou como unha "canallada" que pretende "tombar un goberno lexítimo" mediante unha "moción de censura encuberta e covarde, xa que non se atreven a presentala".


Así mesmo, Fernández Lores fixo un "chamamento moi serio para que recapaciten", polo que apelou ao "sentidiño" para que os partidos da oposición non tomen unha decisión que "vai en contra dos intereses dos cidadáns de Pontevedra" polos que lles pediu que cambien a súa postura no pleno.


NEGAN A EXISTENCIA DUN PACTO


Os portavoces do Partido Popular (Jacobo Moreira), Partido Socialista (Agustín Fernández), Marea Pontevedra (Luís Rei) e Cidadáns (María Rey) rexeitaron a existencia dun pacto e sinalaron ao propio alcalde como o responsable desta situación pola súa "incapacidade" para negociar e chegar a acordos.


Este mércores celebrouse a Comisión de Economía e Facenda na que o orzamento foi ditaminado favorablemente coa inclusión de 22 emendas da oposición e o voto particular en contra destas emendas formulado polo BNG.

relacionada Fernández Lores: "O BNG está a recuperar o camiño de forma espectacular"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE