Fernández Lores: "O BNG está a recuperar o camiño de forma espectacular"

|

LoresalcaldedePontevedra12112015


O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou este xoves que o BNG está "a recuperar o camiño de forma espectacular", á vez que lembrou que a formación "segue sendo necesaria en Galicia".


Nunha entrevista na Radio Galega, o nacionalista advertiu ademais un cambio de actitude no PP tras "sete anos de falta de respecto institucional". "Penso que o PP aprendeu a lección e que os cidadáns perciben cando hai vontade de diálogo", asegurou.


En clave local, o rexedor de Pontevedra puxo a mirada sobre a aprobación dos orzamentos da cidade, asegurando que o BNG recolleu as propostas dos outros partidos pero que non entende que o PSOE "poña 43 condicións previas para sentar a negociar".


"Todas as forzas dixeron que ían facilitar a gobernabilidade e a min con que unha se absteña xa me vale. Os orzamentos, na miña opinión, son espléndidos", dixo Fernández Lores.

relacionada Pontón, sobre o teito de gasto: "Non estamos ante uns orzamentos expansivos"
relacionada Pontón comprométese a facer unha oposición rigorosa, "de ideas e propostas"
relacionada ​Ana Pontón: “A especialidade do BNG é Galicia”

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress