#Claves de la semana

​Sae á venda o manuscrito inédito de Manuel Antonio 'De catro a catro'

A edición facsimilar respecta fielmente o formato orixinal no que foi creado: un caderno contable en tapa dura. 


|

Decatroacatromanuelantonio2

// @alvarellos_ed


O manuscrito inédito de Manuel Antonio do poemario 'De catro a catro' sae á venda nunha coidada edición facsimilar, a cargo do Consorcio de Santiago e de Alvarellos Editora, coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC).


A edición respecta fielmente o formato orixinal no que foi creado: un caderno contable en tapa dura. O deseño da capa é a reprodución exacta do caderno orixinal, protexida nesta edición facsimilar por unha sobrecuberta.


Decatroacatromanuelantonio

'De catro a catro' é un dos libros de poesía galega máis relevantes de todos os tempos e está considerado como unha dos cumes universais da poesía vangardista.


O coidado desta edición, que inclúe a transcrición do texto coa identificación das súas variantes e a reprodución de varias fotografías e ilustracións moi pouco divulgadas ata agora, corre a cargo do catedrático da USC Anxo Tarrío Varela.


A obra será presentada nun acto público organizado polo Consorcio de Santiago a principios do próximo ano.

relacionada '​Porcoril', 'populismo' e 'xenofobia' optan a ser 'Palabra do Ano'
relacionada ​'Un monstruo viene a verme' lidera las nominaciones a los Goya
relacionada Nace o portal xurídico de Galicia con 403 textos legais en galego
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE