#Claves de la semana

Montoro afirma que "o presente de Navantia está asegurado"

Remarcou que para garantir que continúe tendo carga de traballo no futuro, ve necesario favorecer a innovación tecnolóxica


|

Navantia 8


O ministro de Facenda e Función Pública, Cristóbal Montoro, afirmou no pleno do Senado que o presente da empresa nacional Navantia "está asegurado", xa que a compañía "ten hoxe carga de traballo" e os seus directivos e o ministerio están a traballar en despexar o seu futuro a través da competitividade.


En resposta ao senador de Ciudadanos no grupo parlamentario mixto Francisco Javier Alegre Buxeda sobre a posición do Goberno ante a "difícil situación económica e financeira" que está a atravesar Navantia, empresa nacional referente na construción e reparación de buques militares e civís, o ministro tratou de despexar a desconfianza que existe ao redor da compañía asegurando que "non está a afrontar un proceso de liquidación nin moito menos" e que a xeración de beneficios dunha empresa pública "non ten por que ser a propia dunha actividade privada".


"É unha empresa que fai cinco anos estaba inmersa na crise, desbordada de problemas e sen carga de traballo", e que "hoxe volveu ao mercado de fabricación de petroleiros civís despois de 20 anos", lembrou Montoro.


O ministro asegurou que Navantia está a realizar consorcios para poder fabricar con tecnoloxía "máis avanzada" nun mercado global que é "moi esixente".


Así mesmo, remarcou que a maneira de garantir que continúe tendo carga de traballo no futuro é que a empresa siga avanzando en termos de competitividade, para o que ve necesario favorecer a innovación tecnolóxica.


"Debemos entre todos seguir favorecendo as condicións para que eses contratos, máis aló de premisas políticas, poidan chegar a España, polo que iso representa en termos de impulso ao emprego directo e indirecto", reclamou o ministro.


Actualmente, Navantia conta con estaleiros en Ferrol, Cádiz e Cartaxena, ademais do centro corporativo en Madrid, e un persoal de ao redor de 5.000 traballadores directos e máis de 20.000 indirectos.

relacionada ​Reclaman para o estaleiro de Fene un dos dous petroleiros adxudicados a Navantia Cádiz
relacionada ​Os comités de empresa de Navantia volven pedir a dimisión do seu presidente
relacionada ​Iberdrola eleva a 42 as novas ‘jackets’ contratadas a Navantia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE