O PP de Pontevedra pide a Lores "madurez política" na negociación dos orzamentos

|

Jacobomoreirapppontevedra


O portavoz do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, requiriu este martes "madurez política" ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, de quen criticou a súa "incapacidade" para dialogar sobre os orzamentos. É máis, xulgou que a súa decisión de vincular a aprobación das contas a unha cuestión de confianza "reflicte o declive" do nacionalista.


Fronte a iso, en rolda de prensa, Moreira tendeu a man ao goberno local para "negociar" e, así, "darlle unha saída digna a Lores".


É máis, reivindicou que as súas emendas aos orzamentos municipais "son asuntos nos que están de acordo a maioría dos pontevedreses". En concreto, pediu unha rebaixa do IBI, a implantación do transporte urbano e a aprobación inicial do plan municipal.


"Quen pode estar en contra de definir o futuro da cidade cunha novo PXOM?", preguntouse Jacobo Moreira.


Ademais, denunciou que o goberno local está "a asoballar" aos funcionarios para que redacten "informes exprés" cos que cuestionar todos os escritos da oposición. "Mentres a nós esíxellenos motivar as emendas, ao BNG sérvelle con dicir que son os mellores orzamentos para a cidade", criticou.


"NON PODE SER ASÍ"


A continuación, o concelleiro do PP incidiu en que Lores "quere aprobar o seu orzamento aínda que non lle guste a ninguén" e iso "non pode ser así".


"Non ten maioría absoluta e ten que negociar cos outros partidos. Nós seguimos tendéndolle a man", concluíu, non sen advertir de que Pontevedra "non pode ser continuamente o centro de atención polas tolemias do alcalde".

relacionada Fernández Lores: "Non vou gobernar cun orzamento esnaquizado pola oposición"
relacionada El ​PSdeG ve en Feijóo "un líder devaluado en la bolsa de valores conservadora"
relacionada ​A alcaldesa de Lugo di que a Xunta "discrimina" á cidade nos orzamentos

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress