#Claves de la semana

Fernández Lores: "Non vou gobernar cun orzamento esnaquizado pola oposición"

O rexedor de Pontevedra someterase a unha moción de confianza se o seu presuposto non é aprobado no pleno do venres. 


|

FERNANDEZLORESALCALDEDEPONTEVEDRA

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, someterase a unha moción de confianza o vindeiro venres, día 23 de decembro, se non é aprobado o orzamento elaborado polo seu equipo na sesión plenaria que convocou para esa xornada.


O rexedor retirou a aprobación das contas municipais da orde do día do pleno celebrado este luns ao non contar cos apoios suficiente, evitando así que se debatesen as emendas consensuadas polos grupos da oposición --PP, PSdeG, Marea de Pontevedra e Ciudadanos--.


"O que non vai facer este alcalde é gobernar cun orzamento perpetrado e esnaquizado pola oposición", sinalou Fernández Lores, na súa intervención nun pleno caracterizado pola tensión


A partir da presentación da moción de confianza, a oposición tardaría un prazo dun mes para presentar un candidato alternativo a Lores para a alcaldía e, en caso de non acordar un nome, o orzamento do goberno do BNG quedaría automaticamente prorrogado e daríase por outorgada a confianza da corporación.


O alcalde explicou que o goberno municipal "leva meses tentando chegar a un acordo" coa oposición para aprobar o orzamento de 2017 "e non foi posible". Así, lembrou que, a diferenza das emendas da oposición, as contas do BNG contan con todos os informes favorables dos técnicos municipais presentados "en tempo e forma".


Respecto diso, o rexedor asegurou que o orzamento "alternativo" do PP, PSdeG, Marea de Pontevedra e Cidadáns foi "pactado" a través de emendas "manifestamente ilegais", como así refiren os informes técnicos. Iso, a xuízo do alcalde, evidencia que se trata dunha "evidente chapuza". Ademais, apuntou que ás correccións realizadas non resolveron as irregularidades.


Fernández Lores lembrou á oposición que existe unha "solución moi fácil" que é presentar unha moción de censura, "poñer un alcalde alternativo e facer outro modelo totalmente distinto, pero mentres eu sexa alcalde vou responder ao que prometín na campaña electoral".


O PP CUESTIONA A LEGALIDADE


Pola súa banda, desde o PP cuestionaron a legalidade da decisión do alcalde de Pontevedra de retirar o debate dos orzamentos da orde do día.


O portavoz popular, Jacobo Moreira, asegurou que a decisión de pospoñer o debate e vinculalo a unha moción de confianza mostra "un Lores illado, debilitado, que sae derrotado deste Pleno, e segue arrastrando a súa agonía por non querer dialogar".


Desde o Partido Socialista, o seu portavoz Agustín Fernández criticou a "barbaridade democrática" que, ao seu xuízo, comete o alcalde ao "retorcer a lei" no que supón unha evidencia da súa "desesperación e debilidade".


Ademais, Fernández afirmou que Lores pretendeu converter ao pleno de Pontevedra no "parlamento venezolano no que só se fai o que di Maduro".


O portavoz de Marea Pontevedra, Luís Rei, definiu ao Concello da capital como "a casa de tócame-Lores" pero tendeu a man ao goberno local para que neste "período de graza que se deu" trate de "saír do xeo polar" que os "illa" dos demais grupos políticos.


Pola súa banda, a concelleira do grupo municipal de Ciudadanos, María Rey, definiu como "estalinista" a actitude do BNG ante a retirada do debate dos orzamentos no pleno e mostrou a súa "desconformidade absoluta co que vimos hoxe, cos insultos e coa falta de educación de moitos concelleiros".

relacionada ​Pontevedra debate e vota os "orzamentos da oposición"
relacionada Fernández Lores: "O BNG está a recuperar o camiño de forma espectacular"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE