#Claves de la semana

​A 'irmandiña' feminina volve xogar oito anos depois

A derrota por 0-5 ante Cataluña foi o de menos, igual que as numerosas baixas do combinado galego na súa volta aos terreos de xogo.


|

Selecciongalegafemenina


Galicia tiña ganas de ver de novo a selección feminina de fútbol. Corroborárono os miles de espectadores que non perderon o amigable contra Cataluña que se disputou no campo da Lomba en Vilagarcía. Oito anos despois, a 'irmandiña' volveu ao verde, aínda que fose nunha versión sen moitas das mellores xogadoras galegas do momento.


A selección recibiu a goleada da potente selección catalá. Encaixou un 0-5, aínda que o resultado fose o de menos. A maior ovación da noite foi para Vero Boquete, un merecido recoñecemento á xogadora máis internacional do fútbol galego, que milita no PSG francés, e que a pesares das numerosas baixas que presentaba o cadro galego quixo estar presente e participar do partido, exercendo de líder.


Cataluña dominou desde os intres iniciais e adiantáronse aos cinco minutos por medio de Carol Pérez. Xa avisaran anteriormente cunha xogada de Olga García que, tras driblar a dúas defensas locais, rematara fóra. Galicia volcaba o xogo sobre a futbolista franquicia, Vero Boquete, que con Teresa Abelleira mantiveron o tipo no medio do campo. Unha xogada entre elas rematou cun pase á espalda da defensa catalá, pero Laura Ráfols anticipouse ao remate de Belén Fernández.


As catalás ampliaron a renda cun roubo de balón de Alèxia Putellas que ela misma culminou cunha gran xogada na que regateou a unha defensa e colocou o balón axustado ao pau. Antes da media hora, unha internada de Leila Ouahabi rematouna a pracer Olga García, convertendo o terceiro gol catalán. A xogadora do FC Barcelona redondeou a súa noite cun segundo tanto a falta de oito minutos para o remate da primeira metade.


Na segunda parte, Galicia aguantou e puido crear algunha xogada de perigo que foi vitoreada polo público asistente. Os seleccionadores galegos reaxustaron o equipo, subindo uns metros as liñas e o partido foise equilibrando, tamén pola relaxación catalá. Eva Llamas, cun disparo dende a frontal da área anotou o quinto e definitivo tanto do partido.


FICHA


Galicia: Ana González, Teresa Abelliera, Miriam Ríos, Nerea Carballo, Desiree Gardón, Carolina González, Verónica Boquete, Natalia de Francisco, Belén Fernández, Eva Luz y Lara Martínez. Tamén xogaron: Sheila Fernández, Carla Otero, Laura Souto, Sandra González, Patricia Carballo, María Arufe.


Cataluña: Laura Ráfols, Elba Vergés, María Estella, Eva Llamas, Olga García, Vicky Losada, Alexia Putellas, Carol Férez, Leila Ouahabi, Débora García, Paola Soldevila. Tamén xogaron: Brenda Pérez, Nuria Mendoza, Cristina Baude Esther Sullastres, Aitana Bonmatí, Alba Aznar.


Árbitro: Elena Casal, con Tania Fente e Alicia Andrés de asistentes, e Vanesa Abadín de cuarta árbitra.


Goles: 0-1 Carol Férez (min. 5); 0-2 Aléxia Putellas (min. 9); 0-3 Olga García (min. 26); 4-0 Olga García (min. 37); 0-5 Eva Llamas (min. 68).

relacionada ​Verónica Boquete reivindica entre los más pequeños la igualdad en el deporte
relacionada Verónica Boquete ficha por el PSG
relacionada ​Chega o momento da “mellor Selección galega da historia”
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE