Saúde e ánimo para todos

Manuel Fernando González Iglesias

Crismas


Deséxolles unhas felices festas en nome de todos os traballadores que fan posible que cada día lles fagamos chegar os diarios de Press Dixital Group ao seu computador, ao seu móbil ou a calquera dos novos inventos tecnolóxicos dos que dispoñan. Somos unha pequena empresa familiar, como tantas outras deste país, que pode saír adiante, como tantas outras, a base de moito traballo e co único ingreso dos seus anunciantes, que rebuscan nos seus orzamentos para patrocinar a quen cada día se senten máis libres e independentes colocando as súas noticias en aberto para que todo o mundo poida lelas sen custo algún.


É pois, unha inmensa satisfacción para un editor, saber que os seus colegas xornalistas non teñen outro condicionante que a liña editorial do xornal no que escriben e que saben, ademais, que os escasos beneficios que xeran, revértense inexorablemente cada ano na propia empresa, sen que o empresario retire o dividendo da súa xestión. Iso si, unha vez pagados os impostos que correspondan, que son moitos e variados, e ingresando as nóminas o 28 de cada mes indefectiblemente.


Os heroísmos empresariais e, isto sábeno miles de empresarios que pelexan por subsistir, están precisamente nesa loita do día a día por sacar o negocio adiante. Os tempos son tan difíciles que ninguén está libre dun mal mes ou dun peor ano. E como todos sabemos que os bancos non entenden de boas palabras nin de apoio á xestión, a ameaza da temida suspensión de pagos segue balanceándose sobre a cabeza de quen ten a ousadía de sobrevivir. E, por se isto fose pouco envite, os xornalistas deixámonos devorar pola tecnoloxía e, sobre todo, por aqueles espabilados ou trileiros mediáticos, chámenlle Vds. como queiran que, aproveitándose da complexidade da rede, manipulan as audiencias ou converten un artigo excelente nun mal soño para o seu autor se este lesiona os intereses dos amigos destes "expertos". Menos mal que tamén na temida rede "non hai inimigos pequenos".


Así pois, consciente de que nos espera unha longa travesía durante o ano que entra a todos os que realmente sufrimos a crise, desexámoslles os mellores ánimos e por encima de calquera outra cousa, saúde, moita saúde, para gozar cos seus dos mellores momentos da vida, que sempre deben estar por encima dos desgustos profesionais que nos acontezan, aínda que estes, ás veces, nos angustien innecesariamente. Sexan felices e fagan felices aos seus semellantes sempre que lles sexa posible, esa é o verdadeiro medicamento da eterna mocidade.


Un abrazo de todos nós.

O EDITOR

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE