​Abanca e Líbolis-Escola de Valentes ensinan aos máis pequenos a ser emprendedores

|

Laboratoriodeideasnioscuriosidademprendimientocreatividad


Abanca e Líbolis-Escola de Valentes poñen en marcha estas festas do Nadal unha proposta formativa e lúdica dirixida a estimular a creatividade de nenos e nenas con idades comprendidas entre os sete e os 15 anos.


En concreto, tal e como precisou Abanca nun comunicado, trátase da segunda edición do Campus de Emprendemento, que chegará ao recinto de EXPOCoruña este luns 26 de decembro. Así, celebrarase desde este luns ata o venres 30, e desde o luns 2 de xaneiro ata o día 5.


Nesta nova entrega da iniciativa, chamada 'Laboratorio de ideas', fomentarase entre os máis novos o desenvolvemento da creatividade, a imaxinación e o talento.


O campus está exposto como un primeiro contacto co mundo do emprendemento e cos valores relacionados coa iniciativa, a curiosidade por innovar e a aprendizaxe dos erros.


Nesta mesma liña, Abanca lanzará catro retos tecnolóxicos, un por cada grupo que se forme, sobre cuestións relacionadas co banco.


O último día da actividade, os nenos terán a oportunidade de presentar o seu propio proxecto científico nunha gala á que asistirán familias, empresas e medios.


As prazas para participar no campus son limitadas e as inscricións pódense cursar telemáticamente a través da web http://libolis.com/campus-nadal-laboratorio-de-ideas ou presencialmente na escola, no número 58 da rúa Juan Flórez, na Coruña.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress