​A Xunta, "preocupada" polos actos vandálicos na Muralla de Lugo

|

JosemanuelbalseiroLugo

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, recoñeceu este luns que o Goberno galego está "preocupado" coa sucesión de actos vandálicos na muralla romana de Lugo, que é Patrimonio da Humanidade.


"É un monumento que xestiona a Xunta e cando se produce un acto vandálico como administración temos que estar preocupados", afirmou o delegado do Executivo galego en Lugo.


Estas declaracións producíanse despois de que a pasada semana uns individuos arroxasen pedras desde o adarve da muralla, que caeron na zona onde se sitúa o edificio administrativo da Xunta. A Policía Nacional traballa para identificar os autores.


Balseiro apelou a que "hai unha investigación aberta sobre iso". "Imos esperar a como conclúe iso, pero non deixa de ser un acto vandálico que tal como foi debe de preocupar e, por suposto, preocupa á Xunta", abundou.


PROXECTOS PARA A PROVINCIA


Por outra banda, entre os proxectos máis inmediatos do Goberno galego para a provincia avanzou que ao longo do "mes de xaneiro" procederase á "inauguración do primeiro tramo do corredor da Mariña, entre San Ciprián e Celeiro", de oito quilómetros e un investimento que supera os "50 millóns de euros".


Ademais, aludiu á urxencia con que se debe de acometer o acondicionamento do novo auditorio na cidade de Lugo, financiado pola Xunta con 20 millóns de euros e que inaugurou o pasado ano o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijoo.


Só queda "amoblalo", para o que se calcula 3,5 millóns de euros, e para o que a Xunta destinará "máis dun millón de euros". Esta mesma dilixencia a demanda do Concello de Lugo e da Deputación provincial. Así, fixo un "chamamento" ás tres administracións para que finalmente se acometa este investimento.

relacionada Tratan de identificar a tres encapuchados que lanzaron pedras desde a Muralla de Lugo
relacionada ​A Cámara pide modernizar o tren entre Lugo e Ourense
relacionada A Ronda da Muralla terá o límite de 30 "nos primeiros meses de 2017"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress