#Claves de la semana

Leiceaga confía en que 2017 sexa "o ano da normalización" no PSOE

O voceiro do grupo socialista manifestou que o PSOE ten "a man tendida" aos grupos de goberno dos concellos de A Coruña e Santiago. 


|

Xaquinfernanezleiceagaparlamento


O portavoz do PSdeG no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga, mostrou a súa confianza en que o ano 2017 sexa "o ano da normalización" no PSOE tanto no ámbito estatal como no autonómico.


Nunha rolda de prensa celebrada este luns en Santiago de Compostela, Leiceaga trasladou que o "labor" dos socialistas para o recentemente iniciado ano debe centrarse en "xerar liderados sólidos".


Así, o socialista apuntou que, nun momento no que o PSOE está dirixido por xuntas xestoras tanto no ámbito galego como no estatatal, o ano 2017 debe servir para "normalizar" a situación do partido.


GOBERNOS MUNICIPAIS


O portavoz socialista na Cámara galega trasladou tamén que para a construción de "alternativas" é preciso o "esforzo de entendemento" entre as forzas políticas, unha disposición ao "diálogo" que cre que non está a haber por parte dos grupos de goberno de concellos como o de Santiago e A Coruña cara á oposición.


Leiceaga manifestou que o PSdeG ten "a man tendida" para comezar a establecer "alternativas" para futuras eleccións, unha realidade que pode ser "mellor percibida" polos cidadáns naqueles lugares onde os socialistas teñen "responsabilidades de goberno".


Neste sentido, asegurou que, no caso dos orzamentos para o próximo ano do Concello de Pontevedrao BNG "non fixo o esforzo" para alcanzar acordos coa oposición, xa que, na súa opinión, é "máis difícil" realizalo "cando leva gobernando moito tempo".


Con todo, nos concellos de Santiago e A Coruña, Leiceaga cre que as 'mareas' municipais "non están a facer" movementos para facilitar o "diálogo" coas outras forzas para sacar adiante as contas de 2017.


DIÁLOGO NO PARLAMENTO


Para o socialista é necesario que exista "un diálogo fluído" entre as diferentes formacións políticas na Cámara galega, onde é "máis fácil" chegar a "colaborar" cos grupos da oposición a pesar de que "hai moitos temas" nos que difiren.


Leiceaga tamén estendeu esa "colaboración" ao PP, para logo engadir que espera que tamén por parte dos populares "haxa unha mostra" de que están abertos ao diálogo coas demais forzas políticas presentes no Pazo do Hórreo.

relacionada ​La oposición critica la "debilidad" y las "ausencias" en el discurso
relacionada ​Leiceaga apuesta por integrar en la gestora "a los elementos relevantes"
relacionada Lores logra aprobar o orzamento municipal gracias á abstención da Marea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE