​Os numerosos casos de gripe provocan o colapso total das “sobrepasadas” urxencias do CHUO

|

CHUOurxenciacolapso


A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario de Ourense vén de facer pública unha denuncia contra o "total abandono da Xerencia do CHUO ante a gravísima situación das urxencias", que segundo puido saber este colectivo, está motivada en parte polos numerosos casos de gripe.


Ademais, a Comisión afirma non ter un "interlocutor válido", dado que "os cargos directivos, xerente, xefe de servizo, xefe de sección de urxencias e director operativo non están presentes nos seus postos de traballo", segundo constata o colectivo, por estaren “de vacacións nas datas máis previsiblemente comprometidas”.


A situación de saturación que viven as urxencias estes días súmanse ao xa de por si "sobrepasado" servizo, que sofre "exceso de actividade" durante o resto do ano, aseguran. 


Nun comunicado, o colectivo mostra ademais a súa indignación ante a falta de xestión desta crise, que se deixou en mans do persoal sanitario, que debe soportar as situacións de tensión que se viven tras esperas de "ata 12 horas para ser atendidos para unha primeira avaliación", e máis tempo para "solventar os problemas".


Esta "sobrecarga", din, pode afectar á asistencia prestada polo persoal sanitario, que "non podendo levar a cabo de maneira axeitada" a súa función, exponse a "cometer erros".


Por último, a comisión incide en que esta circunstancia non é algo puntual, senón que se "perpetúa no tempo sen que ninguén poña remedio" polo que piden que se articule unha solución, ben sexa a "dimisión" ou "cese fulminante" dos responsables das urxencias "pola súa manifesta incompetencia". 

relacionada ​Sanidade defende que o CHUO conta con "capacidade adecuada" para atender as urxencias
relacionada ​En Marea e BNG culpan á xerente do CHUO do colapso de Urxencias
relacionada O Sergas indemnizará con 10.000 euros a un ourensán polas "intolerables" listas de espera

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress