Aficionados do Dépor aparecen nun videoclip de Coldplay celebrando un gol

|


A banda británica Coldplay pediu aos seus fans que gravasen o que pasaba "no seu recuncho do mundo" para un proxecto de película global que vén de facerse público a través da conta de facebook do grupo. 


Neste vídeo de catro minutos, entre imaxes de diferentes lugares do mundo, aparece un moi familiar con figurantes locais: o estadio do Dépor, onde un grupo de aficionados celebra un gol do equipo herculino (minuto 2:42)


Deste xeito tan espontáneo, os fans do equipo branquiazul pasan á posteridade, como tamén o fai o "noso recuncho do mundo", nun vídeo que será reproducido millóns de veces, --polo momento xa leva máis de 3 millóns en día e medio--, e visto alén das nosas fronteiras, por persoas de todo o mundo. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress