​A confianza económica da eurozona alcanza máximos de case seis anos

|

Dinero3

A confianza económica da zona euro alcanzou en decembro o seu mellor nivel desde marzo de 2011, segundo o indicador elaborado pola Comisión Europea, que se sitúa en 107,8 puntos desde os 106,6 do mes anterior, mentres que en España o dato retrocedeu 2,2 puntos, ata 106,2, sendo a única gran economía da eurozona que rexistra descensos en decembro.


O reforzo da confianza responde ante a mellora observada no comercio polo miúdo, cuxo indicador alcanzou os 3,2 puntos desde 1,5 en novembro, a súa mellor lectura desde o pasado mes de maio; a industria, que avanzou ata 0,1 puntos desde -1,1 e rexistrou o seu mellor nivel desde xullo de 2011; e os consumidores, cunha mellora que sitúa en indicador en -5,1 puntos, o mellor dato desde abril de 2015.


Pola súa banda, a confianza do sector servizos escalou a 12,9 puntos, fronte aos 12,2 do mes anterior, o mellor rexistro desde novembro de 2015, mentres a confianza dos consumidores mellorou a 12 puntos desde os 12,8 de hai un mes, a mellor lectura desde abril de 2015.


O indicador de sentimento económico rexistrou ascensos en tres das cinco maiores economías da eurozona. En concreto, o maior avance correspondeu a Francia (+2 puntos), por diante de Países Baixos (+1,9) e Alemaña (+1,6), mentres o dato de Italia mantívose en liña co de novembro e o de España empeorou en 2,2 puntos.


Doutra banda, a Comisión Europea informou de que o indicador de clima de negocio da zona euro experimentou en decembro un incremento significativo ata situarse en 0,79 enteiros, fronte aos 0,41 do mes anterior, o que representa o nivel máis alto desde xuño de 2011.

relacionada Catro de cada dez fogares galegos chegan con dificultade a fin de mes
relacionada ​As vendas dos comerciantes polo miúdo en Galicia soben un 4,8% en novembro

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress