#Claves de la semana

Catro de cada dez fogares galegos chegan con dificultade a fin de mes

O indicador de confianza do consumidor sobe 5,88 puntos no cuarto trimestre de 2016 en comparación co terceiro. 


|

Familianiopadre


O 46,94% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 43,19% teñen dificultade e o 9,87% moitas dificultades, segundo a enquisa a fogares correspondente ao cuarto trimestre de 2016 que publica este mércores o Instituto Galego de Estatística (IGE).


Con respecto ao trimestre anterior, a situación mellorou, xa que se produce un aumento de 3,51 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes e unha diminución de 1,16 puntos na dos que chegan con dificultade. A porcentaxe de fogares que chegan con moita dificultade tamén diminuíu, 2,34 puntos.


Mentres, en comparación co cuarto trimestre do ano 2015, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes creceu 4,03 puntos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade 1,03 puntos. Pola súa banda, a de fogares que chega con dificultade caeu 5,06 puntos no cuarto trimestre de 2016 en relación ao mesmo período do ano anterior.


SEN EXTRAS


O 23,55% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse 'extra' os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cinema, etcétera.


Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar.


REDUCIR GASTOS


O 13,85% dos fogares galegos diminuíu outros gastos comúns, como roupa, calzado e transporte, etcétera (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación).


Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos no cuarto trimestre de 2016. Ademais, o 13,47% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra mercando marcas brancas e produtos en oferta.


O 66,86% dos fogares galegos pensa saír a cear, a cafeterías, ir ao cinema ou ao teatro no próximos tres meses, o 50,07% facer algún extra en produtos de alimentación, o 35,55% aforrar algo de diñeiro e o 26,23% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.


Por último, o 16,19% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal que compraron, o 7,98% o coche e o 2,36% unha segunda vivenda.


CONFIANZA


No cuarto trimestre de 2016, o indicador de confianza do consumidor reflicte un valor de -12,05 puntos, 5,88 puntos por encima do referido ao trimestre anterior.


Neste trimestre aumentaron todos os indicadores parciais de perspectivas de evolución: a situación financeira persoal aumentou 5,71 puntos, o indicador de situación económica en Galicia aumentou 7,18 puntos, o de capacidade futura de aforro 4,77 puntos e o de desemprego 5,9 puntos.


O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de ingresos do fogar. Os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos no índice, mentres que a confianza aumenta ao incrementarse os ingresos do fogar.


Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600 euros ao mes rexistra o valor de -30,81, mentres que entre os fogares que máis ingresan ao mes (por encima dos 3.000 euros) o indicador sitúase en 10,54.

relacionada ​A confianza do consumidor aumenta en novembro pola mellora das expectativas
relacionada ​Case 23.000 galegos atoparon emprego no 2016
relacionada ​Crece el riesgo de pobreza en Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE