​Unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico en Cee

|

Accidentegranizohielo


Unha persoa resultou ferida a última hora da noite deste venres, concretamente sobre as 23,00 horas, nun accidente de tráfico en Cee (A Coruña).


Segundo informou o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, produciuse unha saída de vía na AC-552, preto do cruzamento da Pereiriña.


Os bombeiros atopáronse cun vehículo cun forte impacto que ocupaba parte dun carril da estrada, con restos de combustible do coche.


Cando chegaron os bombeiros, a vítima xa estaba fóra do turismo. Foron os particulares que deron a voz de alarma quen a sacou.


Ademais dos bombeiros, tamén participaron o 061, Protección Civil de Cee e a Garda Civil de Tráfico.

relacionada Morre unha persoa tras sufrir un accidente coa súa moto en Marín

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress