#Claves de la semana

​O presidente da Fegamp cre que fusionar concellos non é unha solución en Galicia

O reto, segundo Alfredo García, é asentar actividades económicas no rural para evitar a perda de poboación.


|

Alfredogarciafegamp


O presidente da Federación Galega de Municipios e provincias (Fegamp), Alfredo García, mostrouse contrario a unha redución drástica do número de concellos. "Eu creo que fusionar por fusionar, coller Galicia e dicir imos facer 70 concellos, collemos un rotulador e empezamos a marcar liñas... Eu persoalmente non creo que así, sen máis, sexa a solución", opinou.


Nunha entrevista na Radio Galega, o tamén alcalde do Barco de Valdeorras (Ourense) recoñeceu que para os municipios de menos de 10.000 habitantes é moi difícil, por exemplo, asumir a prestación do ciclo integral da auga.


Con todo, aludiu á dispersión da poboación e ás características xeográficas da comunidade para advertir o seguinte: "Fusionamos un concello de 100 núcleos de poboación con outro municipio de 50 e outro municipio de 80 núcleos de poboación e resulta que aínda así non chegamos a un concello de 8.000 habitantes, por tanto non resolvemos os problemas. Haberá que buscar outra solución", resolveu.


Ademais, destacou os servizos ofrecidos polos concellos ás pequenas poboacións do rural: "Se agora tamén desaparece o municipio, que queda?".


Para promocionar o rural e evitar o seu despoboamento, Alfredo García indicou que a Fegamp está a preparar un paquete de medidas que lle solicitará á Xunta para a nova lexislatura autonómica co obxecto de poñer en valor o territorio.


"Os alcaldes estamos convencidos de que, con outra política, en cada aldea, en cada núcleo de poboación por pequeno que sexa, poderíase establecer algún tipo de actividade económica que permitiría vivir a unha familia ou dúas familias en cada núcleo de poboación", defendeu.


SECTOR PRIMARIO, "BOLSA DE EMPREGO"


Aínda que entende que os galegos non van poder vivir todos do sector primario, considera que hai moitos que si o poderían facer e, por tanto, sería unha bolsa de emprego "importante" que, ao seu xuízo, está a "desaproveitarse" porque non hai políticas que se preocupen por desenvolver estes temas.


Así mesmo, demandou melloras no financiamento dos concellos. "Hai que falar da repartición porque a clave está na repartición", subliñou, para logo engadir que debe haber "unha coordinación total" entre Xunta e concellos: "Non achega nada meter as deputacións na prestación destes servizos".


relacionada ​A mellora do financiamento local é a demanda prioritaria dos concellos galegos
relacionada O PP apoia avanzar na fusión "voluntaria" de municipios con "incentivos eficaces"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE