#Claves de la semana

​A mellora do financiamento local é a demanda prioritaria dos concellos galegos

Red Localis vaille trasladar á Xunta e a Fegamp os resultados dunha enquisa que permitiu coñecer as accións que demandan as entidades locais.


|

Redlocalispresentacion

Concepción Campos e Alberto Vaquero, co-directores da Red Localis. //Foto: Red Localis


Os concellos galegos demandan a implicación da Xunta, recén renovada, para acometer unha revisión do financiamento local. Esta é a principal das prioridades das entidades locais con respecto ao novo Executivo, tal e como se desprende dunha enquisa que realizou entre os municipios galegos Red Localis e que analizan no documento "Las peticiones del mundo local al nuevo ejecutivo autonómico gallego", dado a coñecer esta mañá. Considerando que o inicio dun novo mandato se presenta como o "momento oportuno para dimensionar" ests reclamacións, Red Localis fixo chegar aos concellos antes das eleccións unha enquisa online na que preguntaban cáles son as súas demandas.


Concepción Campos, co-directora da Red Localis, defendeu que non se trata dun documento "académico, senón que toma o pulso de maneira directa ás entidades locais" e que servirá para darlle traslado destas demandas á Xunta e á Fegamp. Dos resultados extráese que a primeira prioridade dos concellos é a reforma e mellora do sistema de financiamento e a fiscalidade local, mentres se atopa pouca predisposición á "reforma da planta local" ou a fusións.


Con respecto á maior preocupación municipal, o informe estudo conclúe que é necesario "contar cun marco financeiro estable e autosuficiente", cuxa reforma ata o momento "non se puido ou non se quixo levar a cabo". Só así, afirman, se pode aegurar unha "prestación de servizos axustada ás demandas da cidadanía" e unha maior "autonomía local".


Para iso, consideran necesaria a aprobación dun novo marco normativo da administración local que dea "resposta ás peculiaridades organizativas e de funcionamento propias das características do mundo local galego", regulando "todos os sectores que poidan afectar" ao papel das entidades locais.


Alberto Vaquero, co-director da Red Localis, considera que "a dependencia municipal das subvencións é terrible" e que "falta autonomía financeira e capacidade tributaria" para rematar con esa "dependencia enfermiza, endémica".


Outra das patas nas que coxean en xeral as administracións locais, segundo o estudo, é a modernización tecnolóxica. Recoñecen a falta de capacidade para garantir "a definitiva implantación da administración electrónica", que supoñería "aforros substanciais de recursos e a redución de cargas administrativas".


A última das necesidades para os próximos catro anos que sinala a investigación é a da mellora da transparencia e o desenvolvemento dun sistema de control no ámbito da rexeneración democrática.

relacionada A fusión de concellos, clave na dinamización do rural
relacionada Manuel Baltar propón un novo financiamento local, imbricado conxuntamente co autonómico
relacionada ​Standard & Poor's ve "moi necesaria" a reforma do financiamento autonómico
relacionada El BNG estima que Galicia perdió 8.464 millones con la entrada del sistema de financiación autonómica
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE