#Claves de la semana

​O Bloque inicia unha campaña a prol do concerto económico para Galicia

Intentarán convencer os galegos da súa proposta para o financiamento autonómico, porque "o actual modelo fíxonos perder máis de 9.000 millóns".


|

Anapontonbloque


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avanzou que a formación nacionalista iniciará unha campaña social entre axentes e colectivos de todo tipo para explicar a súa proposta de concerto económico "claramente beneficiosa para Galicia" e contraposta ao actual sistema a través do que o Estado "fai caixa" coa Comunidade galega.


Deste xeito, ante o previsible rexeitamento do PPdeG á proposta do Bloque, asegurou que o debate sobre o sistema de financiamento autonómico "non debe ser por arriba, senón que debe ser un debate co conxunto da sociedade" para que os galegos saiban "que teñen un sistema de financiamento que os discrimina".


Así se pronunciou este luns nunha rolda de prensa na que explicou que o Bloque inicia o curso político coa fixación das súas prioridades, que pasan por "blindar os servizos públicos e sociais", a "creación de emprego" e a "loita contra a violencia machista".


Precisamente, para conseguir estes tres obxectivos, a tamén portavoz parlamentaria do BNG considerou necesario un concerto económico galego. "O actual modelo fíxonos perder máis de 9.000 millóns de euros", asegurou Pontón, que lamentou que Feijóo "preferise primar os intereses do PP aos do país".


Fronte a iso, asegurou que o sistema que defende o Bloque "blindaría os recursos para política social e servizos públicos" de forma que se evitaría que os galegos fosen "vítimas" das "arbitrariedades e chantaxes do Estado" como "impoñer subidas no gasto militar" ou que "cada galego teña que pagar 50 euros para rescatar as radiais madrileñas".


EMPREGO


Así mesmo, en relación á creación de emprego, a proposta nacionalista pasa por avanzar cara a un modelo económico que teña como "aposta estratéxica" a I+D+i para "fortalecer os sectores básicos" e "situar a Galicia en novos nichos de emprego". Para iso, o BNG propón "duplicar" o investimento en innovación e desenvolvemento en sectores como a biotecnoloxía, a robótica ou as tecnoloxías de transformación alimentaria.


"Non podemos seguir perdendo trens e Feijóo colócanos no vagón de cola da innovación, con cifras moi por baixo da media estatal, o que fixo que Galicia perdese 973 empresas con actividades innovadoras desde a súa chegada á Xunta", manifestou.


LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


Na súa intervención, ademais, Pontón deixou claro que "2017 ten que ser o ano no que a loita contra o terrorismo de xénero se asuma como un problema de Estado" e que "todas as forzas políticas, asociacións feministas e axentes sociais poñan en marcha "un pacto galego contra a violencia machista".


Con este obxectivo, ademais de reclamar á Xunta que incremente en 90 millóns os fondos previstos nos orzamentos para loitar contra esta problemática, o BNG pedirá no primeiro pleno medidas como a implantación de xulgados específicos en todas as cidades ou reformar a Lei galega contra a violencia de xénero.

relacionada A Xunta rexeita o concerto económico para Galicia e táchao de "pésimo negocio"
relacionada ​O PPdeG prevé unha negociación "complexa" no debate do financiamento
relacionada ​A mellora do financiamento local é a demanda prioritaria dos concellos galegos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE