#Claves de la semana

​Deteñen un veciño de Nigrán por roubos en cabinas de peaxe

O home recoñeceu a autoría dos tres roubos dos que o acusan. Non levou nin 250 euros, pero os danos ocasionados superan os 1.200.


|

Peajerobo


A Garda Civil detivo un veciño de Nigrán (Pontevedra) como suposto autor de tres roubos cometidos nas cabinas de peaxe da autoestrada AG-57, situadas á altura de Vilariño, na parroquia de San Pedro da Ramallosa.


Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os roubos víñanse producindo desde o pasado mes de outubro, todos cometidos pola noite e co mesmo 'modus operandi': o ladrón rompía a lona que recubre as cabinas, fracturaba o cristal cunha pedra ou unha maza, e retiraba o diñeiro dos caixóns do cambio. Os danos ocasionados polas desfeitas superan os 1.200 euros.


O ladrón actuou nas noites do 31 de outubro, 4 de decembro e 19 de decembro, e levou un total de 248 euros. Na última das ocasións non logrou nada de diñeiro, por que a empresa optou por baleirar as caixas do cambio durante a noite.


Grazas ás gravacións das cámaras de seguridade, a Garda Civil descubriu que o ladrón actuaba só, chegaba á zona a pé, sempre a altas horas da madrugada.


Así, establecéronse diferentes liñas de investigación e chegouse á identificación dun veciño de Nigrán como principal sospeitoso. Despois de varios días de seguimento, localizouse ao home vestindo a mesma roupa coa que fora gravado polas cámaras da peaxe.


O home foi detido e, en sede policial, recoñeceu a autoría dos feitos. Tras declarar quedou en liberdade, e está pendente de ser citado para comparecer ante a autoridade xudicial.

relacionada A Garda Civil detén un veciño de Vilagarcía acusado de máis de trinta roubos
relacionada ​Deteñen unha banda que cometeu máis de trinta roubos en vehículos en Pontevedra
relacionada ​Desarticulada unha banda que cometeu roubos en 15 centros escolares galegos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE