Juan Carlos Piñeiro encabezará un Compromiso por Galicia "renovado"

|

Pieirocxg

Juan Carlos Piñeiro, o novo secretario xeral de CxG // @Compromiso_gal


O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia celebrou este sábado unha xuntanza preparatoria para o II Congreso Nacional que se celebrará o vindeiro 21 de xaneiro. Na xuntanza, segundo informa o partido nun comunicado, deron conta das enmendas presentadas aos tres documentos de debate, o de Política, o de Estratexia e o de Estatutos.



Tamén se validaron as 43 candidaturas presentadas ao Consello Político Nacional, composto por 30 persoas (15 mulleres e 15 homes), entre as que "destaca a presenza de moitas persoas novas" polo que a idea de "renovación e reinicio" queda "totalmente acreditada".



Para a secretaría xeral presentouse unha única candidatura, a de Juan Carlos Piñeiro. O candidato á secretaria xeral de Compromiso indicou que decidiu presentarse ante a petición de compañeiros do partido e despois dun percorrido por distintas agrupacións. Substituirá a Xoán Bascuas que tras os malos resultados da formación nas pasadas eleccións autonómicas decidiu que non volvería candidatarse para secretario xeral. 


Segundo a formación, Juan Carlos Piñeiro Docampo entende que "este é un proxecto necesario para o país" e que o futuro de Compromiso "está aínda por escribir", polo que se amosou "animado ante esta nova etapa" na que pensa que o obxectivo é "asentar o crecemento territorial da nosa estrutura" ante o reto das vindeiras eleccións municipais de 2019, nas que está convencido de que a formación galeguista "será a sorpresa".


Juan Carlos Piñeiro Docampo (1977) é técnico en mantemento industrial e en prevención de riscos laborais e foi candidato nas pasadas eleccións autonómicas pola provincia de Lugo.

relacionada CxG anuncia que Bascuas non se volverá presentar como secretario xeral
relacionada Compromiso por Galicia reclama unha cincunscrición electoral para os emigrados

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress